Site icon Crónica3.com A Mariña

O novo, abundante e consentido feísmo urbanístico legal

Andamios de nunha obra na travesía de O VicedoA interesada denominación de feísmo urbanístico, aplicada na súa maior parte a inacabadas vivendas unifamiliares construídas no medio da nada do rural galego, trasladase agora a pretendida elitista construción urbana. Os que vían feísmo urbanístico na casa de aldea inacabada, do veciño carente de posibles para rematala, poderán velo agora nas montañas cor ladrillo que hai no medio de leiras sin urbanizar, enriba da praia ou na que ía ser a mellor esquina do barrio. Estas, de seguro que todas legais, non como a do veciño que empezou nun alpendre e rematará nun chalet despois de pedir mil favores que pagará durante media media vida. Nestes tempos, desde o principio, todo legal.
Mentras se dilucida a que se debe o novo cambio paisaxístico, si a economía e as finanzas ou a que non se compran vivendas ou quizás a que non se dan vendido, entre tanto, e haberá tempo, pódese facer un recorrido cuasi turístico pola costa de Lugo. Ir dende O Vicedo a Ribadeo, e ver aceras de rúas ocupadas por andamios e chiringuitos de venta que obrigan o petaón a circular por onde transitan os coches, pódense contemplar obras paradas, urbanizacións inacabadas, edificios a medio construír, terreos valados de ameazante chapa e alambre, redes rotas querendo tapar fachadas futuras, grúas que xa non se moven e bancadas nas que houbo grúas que non fixeron nada.
En O Vicedo suxirese comenzar na Casa do Concello e visitar a travesía, en Viveiro empezar pola entrada a Covas dende Escourido, en Xove a travesía, en Cervo ver San Cibrao, en Burela as cercanías do hospital e a travesía, Foz a vista de paxaro dende a variante, en Barrerios e cuestión de parar e facer recorridos varios para rematar en Ribadeo.

Exit mobile version