Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo inicia a implantación de estacionamento horario limitado

RIBADEO .- A rúa doutor Moreda e as inmediacións da praza de abastos ribadense serán os viales nos que se comece a implantar o estacionamento con horario limitado “iso si, de xeito gratuíto” aclarou o alcalde Fernando Suárez sobre “a primeira experiencia de zona azul que imos ter en Ribadeo”. O sistema terá un límite horario de hora e media para aparcar na rúa Doutor Moreda e nas inmediacións da praza de abastos, agás no caso dos minusválidos que poderán estacionar durante tres horas.

Nota de Prensa

O CONCELLO COMENZA A IMPLANTAR O ESTACIONAMENTO CON HORARIO LIMITADO NA RÚA DOUTOR MOREDA E NAS INMEDIACIÓNS DA PRAZA DE ABASTOS.

Ribadeo, 5 de agosto de 2008. O Concello de Ribadeo comenza estes días a implantar o estacionamento con horario limitado na rúa Doutor Moreda e nas inmediacións da praza de abastos. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que <imos ter en Ribadeo a primeira experiencia de zona azul, eso sí, de xeito gratuito>. O Concello está a enviar xa cartas aos establecementos comerciais <con fotocopias da ordenanza reguladora para que todos teñan coñecemento de primeira man sobre o funcionamento deste sistema reglado de estacionamento limitado e tamén estamos dando desde o Concello e desde o Centro Comercial Aberto unha serie de discos reguladores horarios para que os usuarios (veciños e visitantes) que poidan ou que queiran estacionar nestas zonas os coloquen en zonas visibles dos seus coches, por exemplo á altura do parabrisas, de xeito que a policía local poida efectuar as inspeccións rutinarias>. Este sistema terá un límite horario de hora e media para aparcar na rúa Doutor Moreda e nas inmediacións da praza de abastos, agás no caso dos minusválidos que poderán estacionar durante tres horas.

O rexedor engade que <agora unha vez efectuado o pintado de zona azul e unha vez que rematemos de colocar a sinalización vertical que lles indique aos usuarios que están a entrar nunha zona azul, comenzaremos xa a súa implantación. Confiamos na receptividade que poida ter entre os usuarios este sistema, e como sabemos que esto de un día para outro pode dar lugar a confusións, editamos xa uns papeliños informativos que por parte da policía local se poñerán nos vehículos que estean incumplindo nestes primeiros días con este sistema ORA de estacionamento limitado gratuito>. Fernando Suárez di que <a partires dun tempo prudencial si esta situación se segue a dar os usuarios serán convintemente sancionados, segundo recolle a ordenanza reguladora aprobada en pleno hai un par de meses. Pedimos polo tanto colaboración aos veciños e aos visitantes, porque unha vez que o sistema estea implantado será moi efectivo porque permitirá que moita máis xente se poida beneficiar desas 70 prazas de aparcamento coas que contamos nesa zona>.

Exit mobile version