Nota de prensa: TARIFAS APROBADAS NA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR ESTACIONAMENTO NA ZONA ORA. Ribadeo, 18 de novembro de 2010. As tarifas aprobadas na ordenanza reguladora da taxa por es... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, destacou que despois do pleno ordinario, celebrado no día de onte, se estudará o sistema da zona hora implantado no entorno da Praza d... Ler máis
NOTA DE PRENSA O GMPP afirma que o alcalde non fixo nada por un parking soterrado. Os populares consideran que é unha dotación urxente. Aseguran saber como se pode construir con custo cero p... Ler máis
RIBADEO .- A partires do vindeiro luns 20 de outubro o Concello de Ribadeo sancionará aos coches que estean aparcados na zona azul na rúa Doutor Moreda e nas inmediacións das praza de abasto... Ler máis
RIBADEO .- O Concello de Ribadeo acaba de colocar sinais verticais para que as ducias de autocaravanas que chegan cada día ás Catedrais abandoen os aparcadoiros da zona ás nove da noite e se... Ler máis
RIBADEO .- A rúa doutor Moreda e as inmediacións da praza de abastos ribadense serán os viales nos que se comece a implantar o estacionamento con horario limitado “iso si, de xeito gra... Ler máis



















Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



