A Mariña, 2 de agosto, 2026. O senador socialista César Mogo afirma que “os senadores do PP por Lugo parecen non ter outra ocupación que enganar aos lucenses. Chegan a esixir no Senado o que eles mesmos votaron en contra no Parlamento de Galicia. No caso de O Fiouco, cando gobernaba Rajoy, rexeitaron medidas de seguridade viaria moi inferiores ás que agora puxo en marcha o Goberno de Pedro Sánchez”.
Segundo Mogo, “non se sabe se é engano ou ignorancia da legalidade, pero os senadores do PP seguen dando a entender que as mocións do Parlamento son de obrigado cumprimento para o Goberno, cando é exactamente o contrario. O Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional xa estableceron que o Executivo non ten ningunha obriga de executar esas mocións”.
O senador considera especialmente rechamante que “mentres o señor Balseiro insiste en mocións de hai meses só para saír nos xornais, non mostra interese algún pola situación sanitaria calamitosa na Mariña. No Concello de Cervo, por exemplo, en pleno mes de agosto só haberá un médico para dous centros de saúde. No de San Cibrao xa se cancelaron citas comprometidas”.
Mogo conclúe que “o PP non dedica atención ningunha a que en Cervo, como en tantos outros concellos, se rebaixase a atención sanitaria. Viven pendentes da néboa en O Fiouco —cando as horas de peche se reduciron drasticamente— pero non queren ver a desatención médica que teñen diante dos seus ollos e que cada día vai a peor”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



