Ribadeo, 2 de agosto, 2026. Ribadeo volverá ser un referente do audiovisual os días 6, 7 e 8 de agosto coa celebración da V Edición do Festival de Cine Curto, organizado pola asociación Areas Movedizas. O certame, que desde 2022 aposta por achegar o cine curto ao público e por dar visibilidade ao talento audiovisual da Mariña Lucense, Galicia e Asturias, celebra este ano o seu quinto aniversario cunha programación ampliada. O festival consolídase así como unha das citas culturais destacadas do verán na comarca, mantendo a súa esencia: converter Ribadeo nun espazo de encontro entre cineastas e espectadores e reivindicar o valor das historias contadas desde aquí e en formato curto.
Nesta edición, o festival presenta oito novas curtametraxes seleccionadas: Tenéis que verlo, de Nacho Solana; El cuerpo de Cristo, de Bea Lema; Chicken Jazz, de Imanol Ruiz de Lara; Cara de cona, de Guillermo de Oliveira; As maos da pulpeira, de Silvia Cachafeiro; A miña relación cos bichos, de Javimou; Algo novo que contar, de Paula Pereira; e A Dios le pido, de Ester Moyá. A selección reúne ficcións de estilos diversos, con drama, comedia negra, dúas pezas de animación e, por primeira vez no festival, unha curtametraxe de terror, ampliando a variedade de linguaxes presentes na pantalla.
Como é habitual, o público asistente á sesión do venres no Cine de Ribadeo será quen decida co seu voto a obra gañadora do Premio do Público, consistente nunha achega económica destinada á distribución da curtametraxe e na estatuíña do Mariñán, símbolo do festival.
A principal novidade desta quinta edición será a incorporación dunha xornada inaugural o xoves 6 de agosto no Parque de San Francisco (O Campo). A partir das 20:00 horas celebrarase unha proxección especial ao aire libre cos catro filmes gañadores das edicións anteriores: Una historia azul, de Mónica Arnanz; Nena, de Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias; Esto no es Noruega, de Paco Cavero e Alicia Albares; e Monstera, de Diego R. Aballe.
Ás 21:30 horas, O Xoán, proxecto musical do actor lucense Xoán Fórneas —coñecido polo seu papel como Castelao en Antes de nós— ofrecerá un concerto no que presentará os temas do seu primeiro traballo, unha proposta de pop electrónico en galego que o sitúa entre os artistas emerxentes máis interesantes do momento. Durante a tarde haberá tamén unha barra de bebidas xestionada pola Comisión de Festas de Ribadeo, cuxos beneficios se destinarán ao seu financiamento.
O venres 7 de agosto, ás 20:00 horas, no Cine de Ribadeo, terá lugar a proxección das oito curtametraxes finalistas. O sábado 8, tamén ás 20:00 horas, o Teatro de Ribadeo acollerá a Gala Final, na que se anunciará a obra gañadora. A gala estará presentada polo xornalista ribadense Fabián Pérez, colaborador do programa Todo es mentira, e contará coa presenza de Xoán Fórneas, padriño desta edición, quen realizará unha intervención especial e entregará os premios.
A Gala Final incluirá ademais unha actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, que ofrecerá un espectáculo dedicado ás grandes bandas sonoras da historia do cine, acompañado dunha montaxe audiovisual proxectada en directo.
Repite tamén a creadora de contido Prado Rúa, que dinamizará as alfombras vermellas e o photocall das xornadas do venres e do sábado, achegando o festival ás redes sociais e contribuíndo a ampliar a súa visibilidade entre novos públicos.
A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo en todas as actividades. A organización convida á veciñanza e visitantes a participar nesta quinta edición, lembrando que a sesión competitiva inclúe curtametraxes non recomendadas para menores de 12 anos.
Esta edición é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia, Concello de Ribadeo, Deputación de Lugo, Ministerio de Xuventude e Infancia (Injuve), Acisa, Hotel Restaurante La Balastrera, Hotel Aduana, Signo Creaciones e Cine Ribadeo, ademais doutras entidades colaboradoras que continúan apostando por facer medrar este proxecto.
Cinco anos despois da súa creación, o Festival de Cine Curto de Ribadeo reafirma o seu compromiso co audiovisual de proximidade, creando un espazo onde descubrir novas historias, compartir cine e seguir demostrando que aquí tamén se fai cine.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



