O Valadouro, 1 de agosto de 2026. O Grupo Municipal Socialista de O Valadouro e o Grupo Municipal do BNG veñen de solicitar conxuntamente a celebración dun Pleno extraordinario para que o Goberno local do Partido Popular dea explicacións sobre a situación económica do Concello e o cumprimento das súas obrigas ante as distintas administracións.
Entre os principais asuntos incluídos figura a aparición do Concello de O Valadouro na listaxe de entidades incumpridoras publicada polo Ministerio de Facenda. O PSdeG reclama coñecer os motivos desta inclusión e recibir información sobre a existencia doutros posibles incumprimentos ante as administracións públicas.
Na orde do día figurará tamén o estado de elaboración do Plan Económico-Financeiro, os atrasos nos pagamentos a provedores e o cobro dos recibos correspondentes aos distintos servizos prestados polo Concello. “O alcalde debe explicar cal é a situación económica real do Concello, por que se produciron estes incumprimentos e que medidas pensa adoptar para corrixilos”, sinalou a voceira socialista, María Xosé Barreira.
Barreira reclamou ao PP que compareza no Pleno con toda a información e a documentación necesarias para dar resposta aos asuntos formulados polos grupos da oposición. “A veciñanza ten dereito a coñecer como se están xestionando os recursos municipais e cales son os motivos desta situación”, afirmou.
O PSdeG e o BNG lembran que esta solicitude foi presentada o 22 de xullo e que a lei fixa un prazo máximo de quince días hábiles para celebrar o Pleno extraordinario. Ao non efectuar o alcalde a convocatoria dentro dos primeiros catro días hábiles, activouse o mecanismo de convocatoria automática, polo que a sesión terá lugar o vindeiro 18 de agosto.
As e os socialistas critican que o rexedor apurase ao máximo os prazos legais e reclaman que compareza con respostas claras e con toda a documentación necesaria para explicar a situación económica municipal.
Peche de camas no Hospital da Costa
O Pleno extraordinario incluirá tamén o debate e a votación da moción contra o peche de camas no Hospital da Costa, proposta que non chegou a tratarse no Pleno de xullo porque o Partido Popular votou en contra da súa urxencia, alegando que non dispuxera de tempo suficiente para estudala.
“Máis dun mes despois, ao PP xa non lle queda ningunha escusa para evitar o debate. O rexedor terá que explicar a súa posición ante o peche de camas no hospital de referencia da Mariña”, apuntou Barreira.
“O PP debe acudir ao Pleno con respostas e deixarse de escusas. Ten que explicar por que o Concello incumpriu as súas obrigas económicas e por que se negou a debater o peche de camas no Hospital da Costa. A veciñanza merece transparencia e unha defensa firme dos servizos públicos”, concluíu a voceira socialista.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



