Trabada, 3 de agosto de 2026. O Concello de Trabada vén de iniciar as obras de transformación do complexo deportivo municipal, unha actuación que permitirá ampliar os seus servizos e continuar mellorando un dos principais espazos públicos do municipio.
O proxecto contempla a reubicación da pista de pádel, a construción dunha nova área de autocaravanas equipada con todos os servizos necesarios —vaciado de augas grises e negras, baños, duchas e conexións de auga e electricidade—, a creación dun novo local multiusos nos antigos vestiarios e diferentes melloras na zona de descanso.
Estas actuacións son posibles grazas á colaboración doutras administracións. O Concello conseguiu unha axuda da Xunta de Galicia de 30.000 euros, á que se suma unha achega da Deputación de Lugo superior aos 150.000 euros, permitindo facer realidade unha actuación estratéxica para o municipio.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca que “con estas obras damos un novo paso para completar o complexo deportivo de Trabada, dotándoo de novos servizos e converténdoo nun espazo máis moderno, funcional e preparado tanto para a veciñanza como para as persoas que nos visitan”.
O rexedor subliña ademais que “seguimos aproveitando todas as oportunidades de financiamento doutras administracións para continuar transformando o noso concello con investimentos que melloran os servizos públicos, fomentan o turismo e crean novos espazos de convivencia e lecer”.
Coa execución deste proxecto, o Concello continúa apostando pola mellora das infraestruturas municipais, consolidando o complexo deportivo como un punto de encontro para a práctica deportiva, o ocio e a acollida de visitantes.






















Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



