Site icon Crónica3.com A Mariña

Costas proxecta recuperar a ruta do tren mineiro entre Ribadeo e Trabada

RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, informou onte no pleno aos membros da Corporación Municipal, do compromiso de Costas para proceder á recuperación da ruta do tren mineiro entre Ribadeo e Trabada “que xa ten aprobado un orzamento de preto de 150.000 euros para a redacción do proxecto. Trátase dunha ruta magnífica e será unha das mellores sendas verdes de todo o estado”.
O rexedor lembra que esa ruta “estivo en funcionamento desde o ano 1905 ata o 1964 e desde entón, sobre todo nos tramos de Ribadeo hai algúns que son públicos e outros non. A intención do Ministerio de Medio Ambiente é facer ese proxecto expropiando os terreos que faga falla para darlle continuidade e poder empatar estes tramos que faltan entre Ribadeo e Trabada cos que xa están feitos en San Tirso de Abres e A Pontenova”. Fernando Suárez engade que “falamos dunha realidade en non moito tempo. Desde o punto de vista turístico será posible que alguén que queira ir camiñando ou en bicicleta entre Ribadeo e A Pontenova o poida facer a través dunha paisaxe maravillosa ás beiras da ría de Ribadeo e despois subindo ás beiras do río Eo. É algo que nos colma de satisfacción e que amosa a sensibilidade dos responsables de Costas con esta ruta que une dúas comunidades: Galicia e Asturias”.

Exit mobile version