BURELA 8FNC) .- O presidente de Feve, Angel Villalba, visitará Burela a principios do vindeiro mes de agosto, segundo anunciou hoxe o alcalde. Alfredo Llano sinalou que “con él analizarei as... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, visitou esta mañá xunto a técnicos da empresa COMSA as obras de acceso ao porto nas que se produciu un cambio de proxecto para achegar ma... Ler máis
NOTA DE PRENSA: Os nacionalistas consideran o debate FEVE/AVE como unha cortina de fume para non facer nada. O BNG demanda a posta en marcha das cercanías ferroviarias na Mariña O Bloque nac... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, ven de anunciar que chegou a un acordo con FEVE “para que os seus trens turísticos fagan paradas na nosa vila os días 18 e 25 de xullo, 1,... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, tilda de moi positivo que o Ministerio de Medio Ambiente saque a concurso a redacción do proxecto de recuperación da ruta do antigo tr... Ler máis
BURELA .- O PP de burela presentou unha moción no concello na que “pide que se incremente a frecuencia de horarios de FEVE, para levar a cabo un auténtico tren de cercanías, e solicita... Ler máis
RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, informou onte no pleno aos membros da Corporación Municipal, do compromiso de Costas para proceder á recuperación da ruta do tren mineiro en... Ler máis



















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



