Site icon Crónica3.com A Mariña

De novo un mercante carga madeira en Burela para exportación

A MARIÑA .- Comeza a ser habitual ver pequenos mercantes cargando madeira nos portos de Burela e Celeiro debido a falta de un porto comercial na costa de Lugo. Onte estaba cargando madeira de eucalipto, no dique de atraque do porto de Burela, un mercante que se abastecía da almacenada nunha explanada nas inmediacións da nova lonxa. Carretábana camións de unha a outra punta do recinto portuario. Este traballo realizase con unha frecuencia periódica e supón unha actividade a maiores da pesqueira.

Exit mobile version