A MARIÑA .- Comeza a ser habitual ver pequenos mercantes cargando madeira nos portos de Burela e Celeiro debido a falta de un porto comercial na costa de Lugo. Onte estaba cargando madeira de eucalipto, no dique de atraque do porto de Burela, un mercante que se abastecía da almacenada nunha explanada nas inmediacións da nova lonxa. Carretábana camións de unha a outra punta do recinto portuario. Este traballo realizase con unha frecuencia periódica e supón unha actividade a maiores da pesqueira.
De novo un mercante carga madeira en Burela para exportación
De novo un mercante carga madeira en Burela para exportación
Relacionado
-
Ribadeo asina un novo convenio coa Xunta para realizar melloras na Escola de Música
-
Acisa, coa colaboración da OPP Burela, organiza as I Xornadas da xarda de Ribadeo, do 17 ó 19 de maio
-
O PP de Foz cre que ao alcalde lle molesta que sexa o propio sector o que planifique as inversións de Portos no concello