Ribadeo, 9 de maio de 2025. En maio haberá 4 charlas sobre O Coidado da pel. Están destinadas ás persoas maiores de Ribadeo.
O Concello de Ribadeo segue apostando polo benestar e a saúde das persoas maiores, e este mes de maio preséntase co tema: O coidado da pel: o manexo e a prevención das úlceras por presión. As datas e os lugares de celebración serán os días 14 de maio ás 18:00 en Ribadeo, o 15 ás 16:00 en Cedofeita, o 26 de maio ás 16:00 en Cinxe e o 27 de maio ás 18:00 en Vilaselán.
A Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia, anuncia a realización dunha serie de charlas informativas durante o mes de maio en diferentes parroquias do municipio. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Preto de Ti, “que ten como obxectivo achegar recursos de saúde, autocoidado e prevención á veciñanza, especialmente á poboación maior e aos seus coidadores”, lembra Elena Sierra.
A edil ribadense explica que “as charlas serán impartidas pola enfermeira María Roel, quen nos achegará ao fascinante mundo da pel, centrando a súa atención no seu coidado diario, na súa valoración e na prevención das úlceras por presión. Ao longo das sesións, ofrecerase información útil e sinxela para comprender mellor o proceso natural de envellecemento da pel, resaltando a importancia de mantela saudable para previr posibles lesións. Aprenderemos a observar e valorar o seu estado con criterios adecuados e coñeceremos medidas preventivas esenciais fronte ás úlceras por presión”.
Elena Sierra subliña que “moitas veces pequenos xestos de coidado poden evitar complicacións graves. Con estas charlas queremos dotar á veciñanza de ferramentas sinxelas e prácticas para protexer a súa saúde e a das persoas ás que coidan. Animo a toda a cidadanía a participar e a deixar que o coñecemento sexa o primeiro paso para un benestar xeral compartido”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



