Viveiro, 9 de maio, 2025. O gañador foi Héctor Ríos Lopez, veciño de Viveiro que desfrutará do premio ca sua muller e a sua nena, toda unha experiencia en familia. Poderá escoller as datas da viaxe e o destino, o obxectivo é pasalo en grande!. O ticket do negocio có que resultou agraciado foi de Isabel Dayán Estilistas, un negocio de recente incorporación á Asociación de comerciantes do CCHV, que no último mes rexistrou 15 altas novas, o que fai que sexan actualmente 135 negocios os adheridos ó colectivo.
O premio foi entregado esta mañá nas oficinas do CCHV pola Presidenta do colectivo Andrea Porbén, quen quixo agradecer a alta participación na campaña con mais de 1.000 tickets de compra subidos á App ViveiroCCH, un éxito da repercusión que teñen as nosas campañas de dinamización no comercio da vila.
“Con este tipo de iniciativas intentamos dinamizar as datas comercialmente importantes para os negocios locais, poñendo en marcha sorteos e premios para agradecer a fidelidade dos clientes, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro”.
Neste mes de maio segue en marcha a campaña de Rasca e Gaña con 45.000 premios directos e 56 negocios participantes. O inicio da campaña foi moi bo e xa se están canxeando moitos premios o que está a animar as ventas deste mes. A campaña finaliza o 31 de maio.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



