A cita celebrarase este sábado 10 de maio, en horario de mañá, no Hotel Torre de Núñez da cidade de Lugo
Lugo, 7 de Maio de 2025. O PSdeG-PSOE da provincia de Lugo celebrará este sábado, 10 de maio, o 5º Congreso Provincial de Lugo, unha cita clave para consolidar o proxecto socialista na provincia e reforzar a estrutura organizativa de cara aos retos dos vindeiros anos.
O Congreso desenvolverase baixo o lema “Lugo, construíndo futuro” no Hotel Torre de Núñez da cidade de Lugo, durante a mañá do sábado. A militancia socialista está chamada a participar nunha xornada decisiva, na que terá lugar a proclamación oficial de José Tomé Roca como Secretario Xeral provincial, así como a votación da nova Comisión Executiva Provincial, da Comisión Provincial de Ética e dos membros correspondente aos Comités Provincial e Federal. Desde a dirección provincial trasladan o seu agradecemento á militancia, “piar fundamental da organización e motor do proxecto socialista na provincia”.
A cita contará coa participación de destacadas figuras do socialismo galego, como o Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; a Secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez; o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE da Coruña, Bernardo Fernández; o Secretario Xeral de Ourense, Álvaro Vila; o Secretario Xeral de Pontevedra, David Regades; e o Secretario Xeral das XSG, Xurxo Doval. En representación da executiva federal, participará a Secretaria de Política Económica e Transformación Dixital do PSOE, Enma López.
Ao encontro asistirán tamén as delegadas e delegados das distintas agrupacións locais da provincia, xunto con militantes e persoas convidadas dos ámbitos social, empresarial, sindical e institucional, que acompañarán ao partido nesta cita clave para o futuro da provincia.
José Tomé Roca subliñou que este Congreso será “unha oportunidade para fortalecer a organización e marcar as liñas estratéxicas do socialismo lucense para os próximos anos”.
“O Partido Socialista sempre foi a mellor ferramenta para transformar a sociedade e en Lugo estamos preparados para seguir avanzando con máis forza e máis ilusión ca nunca”, engadiu.
O renovado Secretario Xeral está traballando nestes días na confección dos novos equipos, en diálogo coas compañeiras e compañeiros da provincia, tal e como comprometera nas visitas ás agrupacións. A nova Executiva terá un formato máis reducido, co obxectivo de mellorar a coordinación e a participación interna, e contará cunha composición paritaria, en liña cos principios do partido.



















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



