A Mariña, 7 de maio de 2025. O salón de actos do Concello de Lourenzá acolle no día de hoxe unha xornada de formación que, baixo o título Novos retos e oportunidades no marketing dixital, ten como obxectivo avanzar na formación e actualización dos coñecementos no eido dixital dos profesionais do sector turístico da zona. Máis dunha vintena de profesionais de oficinas de turismo, establecementos hostaleiros, guías e xestores de servizos turísticos participan nesta xornada, que forma parte das accións trazadas no marco do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña 2022-2024, impulsado desde a Mancomunidade.
A benvida institucional correu a cargo do alcalde en funcións de Lourenzá, Javier Huertas; a xefa da Área Provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez; e a vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Ana Ermida. Na súa intervención, Ana Ermida agradeceu aos asistentes a súa presenza, que pon de manifesto o interese e vontade por parte do sector turístico da Mariña “para medrar e seguir mellorando, para estar actualizados e para ser máis competitivos no marco dun mundo que innova cada vez a maior velocidade”. E salientou que este encontro é unha grande oportunidade para preparar ao tecido turístico cara un sector máis profesionalizado e disposto para asumir con éxito os novos retos de futuro.
Recursos para un turismo sostible
A formación pretende servir de apoio aos profesionais turísticos, favorecendo así a súa formación e tratando de aproveitar todas as posibilidades que ofrece o mundo dixital cun obxectivo claro: favorecer o desenvolvemento da Mariña como destino de turismo sostible, innovador e competitivo.
A xornada é impartida por un profesional con experiencia na formación, especializado en marketing e estratexias dixitais, que aproximará aos asistentes ao mundo dixital a través dun temario global que incluirá unha serie de temas clave. O obxectivo é coñecer ferramentas e recursos, aprendendo o modo de adaptalas e aproveitalas para cada negocio en concreto, en función dos seus recursos e obxectivos. Coñecer as claves do marketing dixital é fundamental para axudar a entidades e empresas pequenas e medianas do sector turístico a mellorar a súa visibilidade online, atraer máis clientes e fidelizar aos visitantes mediante ferramentas dixitais accesibles e prácticas.
Esta xornada de formación, que se desenvolve durante o día de hoxe en Lourenzá, está promovida pola Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense 2022-2024, cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



