A deputada do PSdeG Patricia Otero sinala na Comisión de Industria do Congreso que os nacionalistas “ou descoñecen a normativa ou a manipulan”, mentres o Goberno dixo non aos cartos públicos para a pasteira “coa lei na man”
Madrid, 8 de maio, 2025. A deputada socialista galega Patricia Otero defendeu hoxe na Comisión de Industria do Congreso que a concesión de axudas públicas ou a súa denegación debe facerse “coa lei na man” e non buscando “atallos que non son bos en democracia”. Fíxoo durante o debate dunha iniciativa a través da que o BNG pretendía esixirlle ao Goberno a exclusión de Altri de calquera tipo de subvención sen ter en conta a legalidade.
“Se unha cousa está clara, e é o que nos diferencia, é que nós nos movemos dentro da lei”, asegurou Otero. Fronte á demanda do representante nacionalista, a deputada do PSdeG instouno a aceptar que respecte o proceso de adxudicación de axudas, e recordou que o Goberno do Estado vén de denegarlle á sociedade promotora da planta de celulosa os 30 millóns que solicitara dentro da convocatoria do Perte de descarbonización.
“Non se lle deron os fondos porque non cumpría os criterios establecidos nesa convocatoria”, argumentou, para remarcar que “o Goberno falou claro e cumpriu coa legalidade”. Do mesmo xeito, advertiu ao PP que non se poden conceder subvencións públicas a un proxecto “a toda costa, sen mirar se cumpre os requisitos”, tal como están a reclamar os populares.
Patricia Otero insistiu, ademais, en que a posición do Partido Socialista respecto da instalación da factoría de Altri en Palas de Rei “é clara”. “O proxecto real non nos gusta, e digo proxecto real non aquel que nos presentou o señor Feijoo en 2021”, detallou en referencia aos cambios que se produciron nunha iniciativa que se vendeu en orixe coma unha fábrica de fibras téxtiles sustentables e acabou mudando nunha macrocelulosa.
“Nós respectamos os tempos, que en democracia son moi importantes, pero a vostedes cústalles entender iso”, censurou a parlamentaria socialista respecto do grupo propoñente. Mais “os feitos e o propio tempo están demostrando que estamos no camiño seguro”, remarcou.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



