Oito colectivos participantes de Begonte, Xermade, Lugo, Vilalba e Cospeito percorrerán ata o venres o norte e sur da provincia a través deste programa de viaxes gratuítas que a institución provincial ofrece a entidades sen ánimo de lucro para dinamizar a economía local
Lugo, 7 de maio de 2025. Preto de 200 veciños e veciñas da provincia de Lugo participan esta semana no programa de viaxes gratuítas da Deputación, Coñece a túa provincia. Os viaxeiros pertencen a oito asociacións dos concellos de Begonte, Xermade, Lugo, Vilalba e Cospeito, e uns percorrerán a comarca da Mariña e os outros descubrirán a Ribeira Sacra.
A primeira ruta desta semana, que tivo lugar este mesmo martes, realizárona os membros da Asociación Veciñal Os Milagres Saavedra, de Begonte, que iniciaron a viaxe na produtora do Servizo de Audiovisuais, para dirixirse á aldea de Pionerdo onde coñeceron a palloza-museo Casa Sesto, e posteriormente a vila de Navia de Suarna para ver o traballo dunha fábrica de embutidos. Ademais, a Asociación Amuraxe, de Xermade, visitará a fabrica de Sargadelos e, logo a vila de San Cibrao para achegarse ata o Museo do Mar e á praia do Torno.
Hoxe, mércores, tamén a Ribeira Sacra e A Mariña serán de novo as protagonistas. A Asociación de Veciños Comerciantes e Industriales Distrito Milagrosa, de Lugo; e a Asociación Cultural Axouxere de Roupar, de Xermade, coñecerán Sober e Foz, respectivamente. Os primeiros foron recibidos polo Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, no Centro de Interpretación Terras do Miño antes de emprender viaxe, e os segundos, no Pazo de San Marcos polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.
Este xoves, a Asociación de Veciños Entre Carris, de Lugo, elixiu como destino Mondoñedo; mentres que a Asociación de Veciños de San Cosme de Nete, de Vilalba, Monforte de Lemos.
Por último, o venres a Asociación del Cuarto Ciclo del Campus de Lugo Universidad de Santiago de Compostela, de Lugo; e a Asociación Veciñal de Vilapene, de Cospeito, rematarán a semana descubrindo A Mariña. O grupo da capital lucense coñecerán os atractivos do municipio de Burela, mentres que os do colectivo de Vilapene de Cospeito percorrerán os encantos de Barreiros e Ribadeo.
O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



