O encontro celebrarase no Pavillón de San Román a partir das 18:30 horas, e contará coa participación de Cordenaia, As Grileiras, As Ferriñas, As Faíscas, a asoc. Cultural Osorio Gutiérrez, e Erikas e Peluxías
Cervo, 7 de maio, 2025. O pavillón de San Román acollerá o próximo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, o II Festival Espallando Letras, organizado pola asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, e Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo.
O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación de Cordenaia, de Airiños do Xunco (Cervo); As Grileiras que son o grupo infantil da S.C.R. Ledicia (Burela), As Ferriñas e As Faíscas de Os do 21 (O Vicedo), a asociación cultural Osorio Gutiérrez (Lourenzá) e Erikas e Peluxías (Grupo de Falapandeireta na Escola Vella de Rinlo).
Ademais haberá racións de empanada e bolos preñados a prezos populares durante a tarde.
A cita foi presentada pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, o edil de Zona Rural, Adrián Arias e por representantes das asociacións organizadoras ante a Casa do Concello.
Desde o Concello de Cervo convidan a veciños e visitantes a participar neste encontro fermoso e significativo para as nosas letras, a nosa cultura e as nosas tradicións, e que é un reflexo da riqueza cultural da bisbarra; “o noso agradecemento ás asociacións que o fan posible”.
Ademais, nesta ocasión no que as Letras Galegas rende homenaxe a toda unha tradición viva e moi nosa: ás cantareiras e á poesía popular galega, e que mellor maneira que celebralo que con este festival que mantén viva esa parte tan importante do noso patrimonio cultural.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


