Cervo, 2 de agosto, 2026. O Concello de Cervo ultima os preparativos para celebrar a 41ª edición da Festa da Maruxaina, unha das citas máis emblemáticas do verán galego e unha festa declarada de Interese Turístico Galego que volverá converter San Cibrao no epicentro da tradición mariñeira, da cultura popular e da convivencia.
Durante varios días desenvolverase unha programación pensada para todos os públicos, na que non faltarán a música de rúa, a gastronomía, os actos tradicionais e, como gran protagonista, a chegada da lendaria Maruxaina á Praia do Torno.
Como complemento ás actividades, desde o luns 3 ata o xoves día 6, haberá tamén viaxes en barco aos Farillóns con saída desde o porto de San Cibrao de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas (luns e xoves); e martes e mércores en horario de tarde, ofrecendo a oportunidade de coñecer desde o mar un dos espazos máis singulares da costa cervense.
O ambiente festivo irá medrando coa celebración da Pre-Maruxaina, o venres 7 de agosto, que comezará ás 19:00 horas co tradicional chupinazo na Praza Nardo Martínez. Haberá concentración de Maruxain@s, degustación popular de empanadas e bolos preñados e os xa tradicionais Cantos de Taberna, que percorrerán os locais hostaleiros da vila enchendo de música as rúas de San Cibrao. A xornada incluirá tamén o acto de nomeamento d@ Maruxain@ de Honra 2026, a cargo da asociación Amigos da Maruxaina. A xornada estará amenizada polo grupo A Rebolaxe.
O sábado 8 de agosto, día grande da celebración, arrancará ás 11:00 horas cun novo chupinazo e pasarrúas. Ás 12:00 horas celebrarase o desfile popular “Engaiolamos á Maruxaina”, ao son do corno mariñeiro e das gaitas.
Ao longo da mañá serán a Charanga Tambukada, Louband Street Band, Os Charangos e a Charanga Santa Compaña as encargadas de poñer a banda sonora da festa, percorrendo as rúas e animando veciños e visitantes.
Xa pola tarde, ás 18:30 horas, a Praia do Torno acollerá os tradicionais Xogos da Maruxaina, organizados pola Asociación Mar de San Ciprián, con diferentes probas populares que cada ano reúnen a participantes de todas as idades.
O momento máis esperado chegará ás 23:00 horas, cando a Maruxaina desembarque na Praia do Torno acompañada polos mariñeiros, nun espectáculo único que volverá encher de emoción e simbolismo a noite cervense e que culminará cun espectáculo de fogos artificiais.
A continuación, coa colaboración de Amigos da Maruxaina e de Mar de San Ciprián, celebrarase o tradicional Xuízo Popular á Maruxaina, antes de iniciar o percorrido ata a praza, onde continuará a celebración, coa actuación tamén do grupo Folclórico de Mistura e cunha gran Queimada Popular na Praza dos Campos.
O peche da festa correrá a cargo do Grupo Elebe 2.0 e da Orquestra Arizona, que ofrecerán a gran verbena.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “a Maruxaina é moito máis ca unha festa; é un sinal de identidade que forma parte da nosa historia”. Cada edición consegue implicar a centos de persoas, asociacións e colectivos que traballan durante meses para que San Cibrao volva vivir unha fin de semana inesquecible”.
A rexedora subliñou tamén que “desde o Concello seguimos apostando por conservar a esencia dunha celebración que soubo medrar sen perder a súa autenticidade. Queremos que quen nos visite descubra unha festa diferente, nacida da tradición popular e da implicación dun pobo enteiro”.
García Caramés aproveitou para convidar a veciños e visitantes a participar: “Animamos a toda a xente a achegarse a San Ciprián e vivir a Maruxaina con responsabilidade, respecto e ganas de gozar. Estamos convencidos de que volveremos demostrar por qué esta é unha das festas máis singulares e queridas de Galicia”.
Co obxectivo de garantir o normal desenvolvemento de todos os actos, o Concello contará cun importante dispositivo de seguridade coordinado cos diferentes corpos e forzas de seguridade. Ademais, durante toda a celebración permanecerán operativos un Punto Lila e un posto de seguridade para ofrecer información, atención e reforzar a prevención.
























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



