Foz, 8 de agosto de 2026. O Concello de Foz presentou o cartel e o programa das festas do San Lourenzo, que se celebrarán desde o día 7 ata o 11 de agosto.
“Chega agosto e con el o San Lourenzo a Foz. Un mes cheo de actividades, de cultura, deportes e actividades de ocio”, anuncia a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica: “as actividades do San Lourenzo comezan o xoves 6, coa actuación do grupo Mar Aberto na praza Rosalía de Castro ás 21.00 horas; o venres 7 teremos o pregón que este ano será a cargo de José Manuel Romero Moreno (Conde de Fontao e veciño de Foz). O pregón será na Praza Rosalía de Castro (Campo da Cabana) ás 20.30 horas. A continuación terá lugar un concerto do grupo Pantera Rosa. O sábado 8 haberá sesión vermú a partir das 14.00 horas na explanada do peirao co grupo Eric Hidalgo Prime; e a partir das 23.00 horas será este mesmo grupo e a orquestra Miramar os encargados de amenizar a noite. O domingo 9 a sesión vermú será a cargo da orquestra Magos e pola noite a partir das 23.00 horas actuarán as orquestras Magos e Finisterre. O luns 10 é o día grande, día de San Lourenzo. A misa será ás 12.00 horas na igrexa parroquial, con procesión a cargo de O Feitizo e sesión vermú coa orquestra Platinum. Pola noite a verbena será con Platinum e América de Vigo. Ás 23.59 horas será o momento do espectáculo de fogos artificiais e ao finalizar continuará a verbena. O martes 11 será o último día de verbenas, na Praza Conde de Fontao a partir das 22.00 horas co grupo Nostalgia”.
O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández Neira, engade que “a semana do San Lourenzo non terá so as actividades festivas senón que tamén haberá Noites Alternativas: o luns 3, martes 4 e mércores 5 teremos wipe out no Campo da Cabana, a partir das 22.00 horas e coas inscricións na web do concello”.
E o alcalde, Fran Cajoto, destaca que “este ano o pregoeiro do San Lourenzo é unha persoa que quere Foz e que sempre está disposto a colaborar con todo aquilo que se lle propón, participando en todas aquelas actividades que se organizan, sobre todo do ámbito cultural. José Manuel sempre ten Foz presente”. E o rexedor engade que “o cartel é un resumo do que é Foz. En breve teremos máis novidades que complementarán as actividades do San Lourenzo”.
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



