Cervo, 22 de setembro, 2026. O Concello de Cervo comezou os traballos de renovación integral do parque infantil da Praza dos Campos de San Cibrao, unha actuación destinada a transformar por completo este espazo de lecer e dotar ás familias dun equipamento máis seguro, moderno, accesible e adaptado ás diferentes idades que suporá un investimento de 320.845 euros procedentes de fondos propios.
O proxecto contempla a retirada dos actuais elementos de xogo, do pavimento de caucho deteriorado e do peche perimetral, para instalar novos xogos homologados e adaptados ás distintas franxas de idade, así como un novo pavimento continuo de caucho de seguridade e un novo cerramento perimetral.
Entre os novos equipamentos previstos figuran diferentes xogos combinados e temáticos, columpios, xogos de muelle, un trampolín e outros elementos pensados para diversificar as posibilidades de xogo, fomentar a actividade física e favorecer a socialización dos nenos e nenas.
A actuación incluirá un pavimento continuo absorbente de impactos, executado con caucho reciclado e EPDM, conforme á normativa de seguridade, así como un novo cerramento perimetral fabricado en polímero reciclado.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou os traballos acompañada polos concelleiros Adrián Arias, David Rodríguez e Pilar Armada, e pola pedánea de San Cibrao, Toñita Casas, e sinalou que “esta actuación responde á necesidade de renovar un espazo moi utilizado polas familias de San Cibrao e de todo o municipio, apostando por un parque infantil completamente renovado, seguro e pensado para que os nenos e nenas poidan desfrutar e xogar en condicións axeitadas”. “Queremos que as familias conten con espazos públicos de calidade e que os máis pequenos teñan equipamentos atractivos, seguros e adaptados ás súas necesidades. Esta renovación integral supón unha mellora importante para a Praza dos Campos e para o propio núcleo de San Cibrao”, engade a rexedora.
Con esta intervención, o Concello de Cervo busca consolidar a Praza dos Campos como un espazo de encontro e lecer para as familias, cunha área infantil renovada e deseñada conforme á normativa vixente en materia de seguridade e accesibilidade.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



