A Mariña, 22 de setembro de 2026. Esta fin de semana dará comezo a sétima edición do exitoso programa de actividades Plans con corazón, unha iniciativa para dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen o xeodestino. Son 16 plans que se desenvolverán do 26 de setembro ao 14 de novembro nos concellos mariñáns da man de guías locais, expertos coñecedores do territorio, que liderarán unha variada proposta de rutas e visitas guiadas.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña promove este programa de actividades no marco dos convenios de colaboración anuais coa Axencia de Turismo de Galicia e coa Deputación de Lugo, co obxectivo de ofrecer actividades de lecer singulares que poñan en valor o territorio, permitan á poboación coñecer e gozar do territorio e contribúan á desestacionalización do turismo neste destino.
Ribadeo e Alfoz acollerán os Plans con Corazón os días 26 e 27 de setembro
RIBADEO – Sábado 26 setembro
A montaña ribadense e os seus segredos! Con Carmen Delia. Natureza, lendas, arte e unha singular produción ecolóxica. Trátase dun plan para deixarse sorprender por unha ruta que combina natureza, espiritualidade e patrimonio no interior de Ribadeo. Desde o misterioso Pozo do Lexoso á singular plantación ecolóxica de cogomelos Shiifos da man do seu xerente, Jesús Penabad, para descubrir despois o Santuario de Arante e as súas singulares pinturas. Un percorrido entre bosques, historia e tradición que revela algúns dos tesouros mellor gardados da Mariña. A saída será ás 11 da mañá desde Remourelle.
ALFOZ – Domingo 27 setembro
Historias que endulzan. Con Ana Pena. Unha ruta circular para coñecer a historia de Alfoz a través da Feira de Correlos, da báscula e do antigo cárcere, así como da visita ao Pazo de Carrocide, unha das xoias patrimoniais do municipio. A experiencia rematará entre colmeas, onde o apicultor especializado Javier Carreira, do mel O Poder das Flores, achegará aos asistentes ao fascinante mundo das abellas. Falará do seu proxecto e da súa filosofía de traballo, da disposición das colmeas, do coidado das abellas, da rica biodiversidade da zona… e ofrecerá unha cata comentada na que degustar catro variedades de mel que producen, relacionando cada unha delas coa flora e co contorno do que proceden. A saída está prevista para as 11 da mañá desde o Campo da Festa dos Chóferes, en Alfoz.
As prazas para a actividade de Ribadeo están esgotadas e aínda quedan prazas dispoñibles para Alfoz.
Todas as persoas interesadas en participar poder formalizar a inscrición ata o venres ás 15 horas a través do enlace: https://amarinalucense.gal/gl/a-marina-plans-con-corazon
As prazas son limitadas e cada actividade terá un custo que varía entre os 5€ (inscrición individual), 9€ (inscrición en parella) e os 15€ (inscrición en grupo), un prezo que inclúe a visita guiada e os seguros de Responsabilidade Civil e accidentes.






















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



