A Mariña 7 de maio de 2025. A Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica (PDCC), como entidade promotora e coordinadora do Fondo para a Protección do Lobo Ibérico (www.fondolobo.org), interpuxo hoxe, 7 de maio, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, un Recurso Contencioso – Administrativo contra a Resolución do 3 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural de Galicia, que modifica a Resolución de 27 de marzo de 2024, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control de danos e os reximes especiais por especies durante a tempada 2024/2025.
A inclusión do lobo no LESRPE (Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial) en 2021 obrigou á administración galega a suspender a súa caza. Con todo, tras a súa recente expulsión desta listaxe, a Xunta pretende volver incorporar ao lobo como especie cinexética, o que implica que se poden volver adoptar medidas de control por danos á gandaría.
O Fondo para a Protección do Lobo Ibérico é unha iniciativa xurdida por mor da súbita desprotección legal do lobo, e conta co respaldo de decenas de entidades nacionais e portuguesas, entre elas ADEGA, a Asociación Galega de Custodia do Territorio, a Sociedade Galega de Ornitoloxía e a Asociación Lobo. En apenas dúas semanas desde a creación da campaña de crowdfunding coa que se pretende financiar as medidas necesarias para a defensa do lobo ibérico, incluídas as xudiciais, recadáronse máis de 32.000 euros grazas á achega de 700 doantes.
Coa interposición deste Recurso Contencioso–Administrativo contra a Resolución do 3 de abril de 2025 por parte do goberno galego solicitamos a adopción de medidas cautelares que suspendan de forma inmediata a caza de calquera exemplar de lobo, ata a resolución do contencioso interposto.



















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



