O BNG volveu a a reunirse coa comunidade educativa burelá despois de meses de agardar por solucións que non chegan por parte da Xunta
Burela, 7 de setembro, 2026. O deputado mariñao Daniel Castro, xunto co tenente de alcaldesa e concelleiro de Educación de Burela, Mario Pillado, e a concelleira Sandra Fernández Cillero, reuniuse hoxe coa comunidade educativa do CEIP Vista Alegre, representada por Sara Calvo, presidenta da ANPA, e polo director do centro, José Manuel Díaz Cabado. Trátase dunha nova reunión sobre os mesmos problemas que xa foron trasladados á Xunta en varias ocasións, sen obter resposta. De feito, o deputado do BNG levou estas reivindicacións ao Parlamento en dúas ocasións.
CEIP Vista Alegre: un centro con preto de 300 alumnos e necesidades básicas sen atender
As graves deficiencias do CEIP Vista Alegre están recollidas nun informe de 40 páxinas elaborado pola comunidade educativa. Nel detállanse humidades e filtracións recorrentes, aseos en estado insalubre, fugas de auga, deterioro estrutural de pavimentos e columnas, instalación eléctrica obsoleta, carpintería en mal estado, peche perimetral inacabado, ausencia de portas de emerxencia e importantes barreiras de accesibilidade.
Segundo o BNG, a maior parte destas eivas continúan sen solución, agás as obras puntuais realizadas polo Concello. A isto súmase a negativa da Consellería a cubrir a pista polideportiva exterior.
IES Perdouro: problemas graves de accesibilidade e deficiencias estruturais
A representación institucional do BNG reuniuse tamén coa directora do IES Perdouro, María José Pardiñas. Este centro, con 500 alumnos, presenta graves problemas de accesibilidade: escaleiras e solos esvaradizos no exterior, falta de ascensores e deficiencias estruturais en varios edificios que obrigan alumnado e profesorado a transitar por zonas inseguras.
Tamén se reclama o arranxo e cobertura da pista polideportiva exterior, que leva décadas sen melloras. A dirección do IES envía cada inicio de curso un informe á Consellería, pero a situación continúa sen avances.
“O PP discrimina aos centros educativos de Burela”
Daniel Castro afirmou que “é necesario que o sectarismo do PP porque o que non poden facer é mentirlle á cara ao pais e ás nais decindo que realizan obras que non realizan. Burela tén que deixar de ser descriminada e a Xunta tén que facer nos centros educativos da vila os investimentos que lle corresponden”. O deputado anunciou que o BNG levará novamente ao Parlamento as reivindicacións das direccións e das familias.
Moción no pleno do Concello de Burela
Mario Pillado avanzou que toda esta problemática será tratada no próximo pleno municipal mediante unha moción do Grupo Municipal do BNG. “O pleno tén que dar apoio ás xustas reivindicacións da comunidade educativa de Burela, e agardamos que ese apoio sexa unánime demandando que a Xunta cumpla con Burela, e que ese apoio se demostre na práctica”, concluíu.





















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



