Lourenzá, 7 de setembro de 2026. O Concello de Lourenzá publica as bases para participar no VIII Certame de Teatro Afeccionado. As representacións dos grupos que sexan elixidos desenvolveranse durante o mes de novembro no edificio multiusos Ponte de Cuñas.
Nas bases explícase que “o Concello de Lourenzá, consciente do interese que o teatro esperta entre os laurentin@s e ao obxecto de incentivar a participación dos grupos no VIII Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá 2026, establece as bases reguladoras para a participación no mencionado certame e os premios que se outorgarán”.
No documento tamén se indica que “poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado e que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. Os grupos interesados en participar deberán inscribirse ben nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou ben por correo (Concello de Lourenzá – VIII Certame de Teatro Afeccionado.- Praza Conde Santo, s/n 27760 Lourenzá ), enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do concello de Lourenzá; fotocopia do CIF do grupo ou compañía; ficha artística e técnica; e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. A ficha de inscrición e a documentación presentaranse unha vez sexa publicado no B.O.P. de Lugo o extracto das citadas bases (cuxo texto completo figura na BDNS) e con data límite o 30 de setembro de 2026”.
Ademais sinalan que “as representacións terán lugar no edificio multiusos Ponte de Cuñas os sábados e domingos do mes de novembro, establecéndose un máximo de oito (a organización, en función da calidade das obras, poderá modificar o número de representacións). O horario será establecido pola organización. Serán gravadas para poder ser visualizadas polos membros do xurado. No mes de decembro terá lugar a entrega de premios nunha gala na que haberá unha representación teatral ou musical profesional. Para cada premio o xurado seleccionará tres nominados. Será na gala cando se coñeza o gañador de cada categoría. A nominación será comunicada pola organización aos interesados. Á gala final deberán asistir todos os nominados/as ou os representantes nos que deleguen. O Concello nomeará un xurado independente que presidirá o edil de Cultura ou a persoa na que delegue. O fallo do xurado será inapelable”.
Nas bases tamén se explica que “cada grupo ou compañía de teatro seleccionado recibirá a cantidade de 350 euros en concepto de participación, desprazamento, montaxe, etcétera (para percibir a citada cantidade, a compañía ou grupo deberá presentar factura)”.
Os premios establecidos son os seguintes: Conde Santo, á mellor representación, 750 euros e trofeo; Lourenzo, ao mellor actor, trofeo; Ana, á mellor actriz: trofeo; ao mellor actor de reparto, trofeo; á mellor actriz de reparto, trofeo; á mellor posta en escena, trofeo; e premio especial do público, trofeo. O xurado, de acordo coa organización, poderá establecer algún premio máis se o considerara oportuno.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



