Cervo, 3 de setembro de 2026. Tras a excelente acollida da súa estrea, o Concello de Cervo volve apostar este mes de setembro polo Festival de Narración Oral “De Cobo a Xunco”, que celebrará a súa segunda edición, mantendo a esencia e o formato que converteron esta proposta nun éxito entre o público.
Durante os venres do mes de setembro, diferentes espazos e parroquias do municipio volverán encherse de contos, historias e tradición oral da man de destacados profesionais da narración oral galega, con sesións pensadas tanto para o público infantil –sesións regato- como para o adulto –sesións río-, rematando cunha gran gala final.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou durante a presentación na que estivo acompañada de Carmen Conde e de Diego Gallego, en representación da compañía Tarabela Creativa, que “este festival naceu coa vontade de achegar a cultura a todos os recunchos do municipio e de poñer en valor unha tradición tan nosa como é a narración oral. A magnífica resposta da veciñanza na primeira edición anímanos a seguir impulsando unha iniciativa que promove a convivencia, dinamiza as parroquias e reforza a nosa identidade cultural.”
A rexedora incidiu ademais en que “queremos que Cervo continúe sendo un referente na programación cultural, ofrecendo actividades de calidade para todas as idades e descentralizando a cultura para que chegue a todos os lugares do concello.”
García Caramés quixo agradecer tamén a implicación da compañía Tarabela Creativa, impulsora da idea orixinal, e avanzou que nas próximas semanas darase a coñecer a programación completa desta segunda edición, coa relación de narradores e narradoras, os escenarios e os horarios das diferentes sesións.
“De Cobo a Xunco” toma o seu nome dos dous ríos que atravesan o municipio de Cervo, o Cobo e o Xunco, converténdose nun símbolo da unión entre as diferentes parroquias a través da palabra, da cultura e da tradición oral. Igual que ambos os ríos percorren o territorio ata atoparse co mar, o festival pretende levar os contos e as historias a distintos recunchos do concello, conectando xeracións, persoas e lugares mediante a narración oral.
O Concello anima á veciñanza e ás persoas visitantes a reservar xa os venres de setembro para volver gozar dunha cita cultural que une tradición, palabra e territorio a través dos ríos Cobo e Xunco.























O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



