Cervo, 20 de outubro, 2026. O equipo de goberno de Cervo levou ao pleno municipal unha proposta para solicitar á Deputación Provincial de Lugo que asuma a ampliación do Museo do Mar de San Cibrao e a súa xestión, co obxectivo de garantir un modelo de funcionamento unificado, coherente e eficiente para todo o complexo museístico. A iniciativa foi ratificada por unanimidade de toda a Corporación municipal, amosando o consenso existente sobre a necesidade de avanzar nesta liña.
O Museo do Mar é un espazo fundamental para a conservación e difusión do patrimonio cultural, histórico e identitario de Cervo, estreitamente vinculado ao mar e á tradición mariñeira de San Cibrao. Por iso, o Concello considera prioritario garantir o seu futuro cun proxecto global que permita integrar adecuadamente as instalacións actuais e a futura ampliación.
Nos últimos anos, o Concello de Cervo vén traballando para facer posible este proxecto, impulsando diferentes actuacións, entre elas a adquisición de terreos anexos ao equipamento actual. Neste sentido, a disposición municipal é clara: o Concello está disposto a ceder á Deputación a edificación contigua situada nestes terreos para facer posible o proxecto, co fin de que a institución provincial poida asumir a súa execución e garantir unha xestión integrada do conxunto.
Ademais, o Concello vai acometer con fondos propios a humanización da contorna do Museo do Mar, unha actuación destinada a mellorar este espazo e a súa integración no ámbito urbano de San Cibrao.
A proposta aprobada polo pleno reclama que a Deputación avance na definición do modelo de xestión e asuma tamén a futura ampliación, establecendo co Concello a fórmula xurídica e administrativa máis axeitada para facer efectiva esta colaboración entre ambas as administracións.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, pide á institución provincial que dea cumprimento ao acordo plenario e abra unha vía de diálogo efectiva para concretar os seguintes pasos. “A Corporación municipal ao completo comparte a necesidade de que o Museo do Mar teña unha xestión unificada e un proxecto de futuro. Desde o Concello estamos poñendo os medios ao noso alcance, adquirindo os terreos necesarios e mellorando a contorna, e estamos dispostos a ceder á Deputación a vivenda contigua ao actual museo para que poida asumir a ampliación e garantir un funcionamento coordinado de todo o complexo”, sinala.
A rexedora subliña que o obxectivo é evitar duplicidades e aproveitar os recursos públicos da maneira máis eficiente posible. “O que queremos é que a ampliación se faga realidade e que o museo funcione como un único equipamento, cunha planificación coherente e cunha xestión que estea á altura da importancia do noso patrimonio marítimo. Agora cómpre que a Deputación se sente co Concello e concretemos como avanzar”, engade.
Desde o Concello de Cervo agardan que o respaldo unánime da Corporación municipal sirva para avanzar con determinación nesta demanda e que a Deputación Provincial de Lugo dea os pasos necesarios para acordar unha solución que permita desenvolver a ampliación e garantir o futuro do Museo do Mar de San Cibrao como referente cultural e patrimonial do municipio.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



