O mercado terá lugar na carpa da praza da Mariña con espazos diferenciados para a artesanía e os artigos de segunda man
Burela, 20 de outubro de 2026. O Concello de Burela abre o prazo de inscrición para participar no Mercado e Rastro de Nadal 2026, que se celebrará os días 28 e 29 de novembro na carpa da praza da Mariña, en horario de 10:30 a 20:30 horas.
A iniciativa busca fomentar o comercio local, dar visibilidade á artesanía e á creación propia e promover a reutilización de produtos a través dun espazo dedicado aos artigos de segunda man.
O mercado organizarase en dúas zonas diferenciadas: a primeira estará destinada á artesanía, incluíndo decoración e artigos de Nadal, xoguetes e outros produtos de elaboración propia, tamén de alimentación. A segunda corresponderá ao rastro de segunda man, no que se poderán ofrecer artigos usados en bo estado, como roupa, complementos, libros ou xogos.
Poderán solicitar un posto persoas artesás e creadoras, asociacións culturais ou veciñais, persoas autónomas e persoas físicas maiores de idade que dispoñan de produtos de elaboración propia ou artigos para o rastro. A participación será gratuíta e a asignación realizarase por orde de inscrición e segundo a dispoñibilidade de espazo, podendo priorizarse as propostas artesanais e de elaboración propia, co obxectivo de fomentar a creación local e o comercio de proximidade.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, destaca que “o Mercado e Rastro de Nadal é unha oportunidade para que artesáns, creadores e particulares conten cun espazo no que amosar os seus produtos, ao tempo que se contribúe á actividade comercial de Burela durante o Nadal”.
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición dispoñible na web do Concello de Burela ou solicitalo por correo electrónico e remitilo ao enderezo cultura@burela.org antes do 15 de novembro, incluído.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



