O proxecto ofrecerá 16 prazas nas especialidades de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e revestimentos en construción
Navia, 21 de outubro de 2026. O Concello de Navia obtivo unha subvención de 465.202,40 euros para desenvolver dous obradoiros de emprego dentro do proxecto “Tallerde Empleo Navia 2026”, segundo a resolución publicada este martes no Boletín Oficial do Principado de Asturias (BOPA).
A iniciativa contará con 16 participantes, oito por especialidade, e combinará formación profesional con traballo práctico en dous ámbitos: a xardinería e a construción.
Un dos obradoiros centrarase na instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, con actuacións vinculadas ao coidado e acondicionamento de espazos axardinados. O outro estará dedicado aos revestimentos con pastas e morteiros en construción, orientados á execución e acabado de superficies.
Os traballos previstos estarán relacionados coa recuperación e mellora do patrimonio público municipal, así como co mantemento, recuperación e creación de espazos verdes no concello.
En breve iniciarase o proceso de selección de participantes.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



