Os concelleiros do PP lembran que “mentres o goberno local non avanza na ampliación, a Xunta de Galicia inviste no polígono industrial” e explican que “os gandeiros cobrarán nesta semana o anticipo da PAC”
Vilalba, 21 de outubro de 2026. O PP de Vilalba critica que a alcaldesa “en lugar de xestionar de forma óptima os recursos que recibe o Concello dende a Xunta de Galicia, se dedique a sacarse fotos e vídeos de bailes mentres esquece ao rural, ao polígono e aos servizos básicos, que ten que ser a Xunta de Galicia os que os atenda”.
Os concelleiros do Partido Popular afean que “as únicas preocupacións da alcaldesa sexan facerse vídeo cos cartos de todos os vilalbeses e vilalbesas e intentar facerlle oposición á Xunta de Galicia, que é a Administración pública que máis aporta a Vilalba e aos vilalbeses”.
Así, corrixen á rexedora socialista por “intentar mentir aos vilalbeses negando investimentos da Xunta en infraestruturas de competencia autonómica no municipio” toda vez que “o Goberno galego contempla preto de 1M€ para acometer obras de eficiencia enerxética no xulgado de Vilalba”. E estas actuacións súmanse ás rematadas neste mesmo ano para o acondicionamento da nova oficina de emprego que está en funcionamento dende mediados de 2026.
A Xunta incrementa, nos seus Orzamentos para o 2027, os fondos para os servizos públicos de competencia autonómica nun 7,1% dirixindo 3 de cada 4 euros a gasto social – sanidade, educación e política social-, duplica o orzamento para a mellora de camiños e infraestruturas rurais e incrementa nun 8,4% o Fondo de Cooperación Local que permite aos Concellos acometer as actuacións que libremente decidan.
A este fondo engádense outras axudas específicas para os Concellos “ás que se pode presentar o goberno local. Pero o que sabemos da súa xestión é que deixan perder subvencións e que poñen paus nas rodas ás actuacións que pretende facer a Xunta, pero que dependen de permisos municipais”.
SECTORES PRODUTIVOS E FIABILIDADE
Dende o PP vilalbés aseguran que “a alcaldesa esquece que Vilalba conta cun polígono industrial” á vista de que “non hai avances de cara a súa ampliación”. En cambio, “a Xunta de Galicia inviste no principal pulmón económico do noso municipio”, subliñan. “Dous exemplos recentes son o financiamento da instalación de cámaras de vixilancia demandadas polos empresarios e a axuda a Entrepinares para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios cos que poñer en marcha unha nova liña de fabricación.
Os populares tamén subliñan “a importancia do sector primario no rural de Vilalba” e lembran que a Xunta ingresará aos agricultores e gandeiros esta mesma semana pagos correspondentes ao anticipo da PAC.
“Os gobernos deben caracterizarse pola súa fiabilidade”, defenden. E o Goberno galego é un exemplo de “estabilidade” como demostra presentando os Orzamentos en tempo e forma para garantir o correcto funcionamento da Administración autonómica.
Pola contra, o goberno local non ofrece esa “fiabilidade” aos veciños nin ao tecido produtivo: “tarda en convocar e resolver axudas municipais a colectivos do municipio e, este ano, presentou os Orzamentos municipais co exercicio xa iniciado e non logrou o apoio maioritario da corporación local tendo que someterse a unha cuestión de confianza inédita no Concello de Vilalba”.
Os concelleiros do Partido Popular convidan á rexedora a “xestionar os recursos do Concello para garantir servizos aos vilalbeses e non para facer vídeos cos que pretende fomentar a súa propia imaxe”.
















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



