O Valadouro, 7 de setembro, 2026. A Asociación Cultural Amado Lar O Valadouro pon en marcha o curso 2026–2027 e achega a información do inicio das súas actividades.
Retómanse as clases de baile, canto, pandeireta, gaita e percusión, con grupos dirixidos tanto a nenos e nenas como a mozos e adultos.
As clases de baile, canto e pandeireta comezarán o martes 15 de setembro: Profesora: Raquel Blas. 16:30–17:30 h:
Iniciación baile e pandeireta (a partir de 4 anos): Profesor: Pedro Brañas. 17:00–18:30 h:
Pequenos (45’ pandeireta / 45’ baile). 18:30–20:00 h:
Medianos pandeireta e canto. 20:30–21:30 h: Baile
21:30–22:30 h: Adultos pandeireta e canto
As clases de gaita e percusión, impartidas polo profesor Javier Bossa, desenvolveranse os sábados de 18:30 a 21:30 h, con grupos e distribución pendentes de organizar segundo niveis e posibles novas incorporacións. O inicio destas clases está previsto para o sábado 3 de outubro.
Para novas incorporacións, é imprescindible poñerse previamente en contacto con algún membro da directiva.
Ángeles: 609 371 551
Rosa: 649 593 139
José María: 653 175 778
Cristina: 680 766 568
Nuria: 646 825 113























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



