“Primeiro prometen investimentos, logo non os executan e, cando lles pedimos contas, respóndennos que o que aparece nos Orzamentos é simplemente estimativo”
A Mariña, 8 de setembro de 2026. O senador do Partido Popular pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusa ao Goberno de Pedro Sánchez de “agochar deliberadamente o seu incumprimento coa Autovía da Mariña” despois de que o Executivo se negara a informar no Senado sobre as cantidades realmente executadas na A-74 desde o ano 2019.
Balseiro explica que os senadores lucenses preguntaron de maneira “clara e imposible de malinterpretar” que cantidades se consignaron para os distintos tramos da A-74 desde 2019 e cal foi o grao de execución de cada unha delas.
“A resposta é que non responden. Non dan unha soa cifra, nin unha porcentaxe, nin un euro executado. E non o fan porque saben perfectamente que os datos deixarían ao descuberto anos e anos de promesas orzamentarias incumpridas coa Mariña”, asegura.
“É UNHA AUTÉNTICA TOMADURA DE PELO AOS MARIÑÁNS”
O senador popular considera aínda “máis grave” a explicación coa que o Goberno pretende xustificar o seu silencio. Na resposta parlamentaria, o Executivo afirma que as anualidades incluídas nos Presupostos Xerais do Estado teñen “carácter estimativo” e que non constitúen compromisos xuridicamente vinculantes respecto do ritmo de execución das actuacións.
“Agora resulta que os millóns que anuncian nos Presupostos serven para facer titulares, roldas de prensa e propaganda, pero cando chega o momento de comprobar se se gastaron, o Goberno dinos que esas cantidades non comprometen a nada. Primeiro presupostan, despois non executan e finalmente pretenden convencernos de que nunca tiveron obriga ningunha de cumprir”, critica.
“PROMETERON OBRAS EN 2024; ESTAMOS EN SETEMBRO DE 2026”
Balseiro lembra ademais que esta explicación chega despois de que o PSOE utilizase a A-74 como promesa electoral nas eleccións xerais de 2023, cando se comprometeu a iniciar as obras da Autovía da Mariña en 2024. Ese compromiso foi lembrado este mesmo ano polo senador mariñán ante o ministro de Transportes.
“Estamos en setembro de 2026. Pasou 2024, pasou 2025 e está rematando 2026 sen que se construíse un só quilómetro. Nin máquinas, nin obras, nin licitación. A realidade é infinitamente máis contundente que toda a propaganda do PSOE”, sinala.
De feito, a propia contestación oficial do Goberno recoñece que os proxectos dos tramos Burela-Foz, Foz-O Carme e O Carme-Barreiros continúan aínda en redacción.
Balseiro destaca que, despois de case oito anos de Goberno de Pedro Sánchez, “é moi difícil explicar que unha infraestrutura que o PSOE cualificaba de histórica e prioritaria continúe atrapada basicamente entre papeis e proxectos”.
MENOS AUTOVÍA E MÁIS ATRASOS
O senador popular lembra igualmente que durante estes anos o Ministerio foi fragmentando e reducindo os tramos da infraestrutura. Como exemplo, o primeiro tramo inicialmente previsto entre Foz e Barreiros tiña arredor de 11,15 quilómetros e a actuación que se tramita actualmente entre O Carme e Barreiros queda reducida a aproximadamente 6,3 quilómetros, unha decisión sobre a que o PP xa denunciou que o Goberno non ofreceu unha explicación concreta.
“O balance do PSOE coa A-74 é difícil de empeorar: non cumpriron os investimentos, non cumpriron os prazos, non cumpriron a promesa electoral de iniciar as obras e, ademais, foron recortando os proxectos. E agora nin sequera queren dicirnos canto do que presupostaron deixaron sen executar”, resume Balseiro.
O senador mariñán considera que a contestación recibida no Senado “confirma a falta absoluta de transparencia” do Ministerio e avanza que o PP seguirá reclamando información sobre a execución real de todas as partidas destinadas á A-74.
“Os mariñáns teñen dereito a saber onde quedaron os cartos que ano tras ano aparecían nos Orzamentos e, sobre todo, cando pensa o Goberno deixar de redactar papeis e empezar dunha vez a construír a Autovía da Mariña”, conclúe.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



