Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG asegura que garante a execución do parque empresarial Xove-Cervo

FOZ.- O BNG emitiu hoxe unha nota de prensa na que o Consello da Xunta de Galicia do 27 de maio de 2004 recollía no Plan sectorial de Áreas Empresariais as actuación do Parque Empresarias Xove-Cervo e que xa se teñen executado actuacións nos diferentes parques empresariais de A Mariña. Afirman que no DOG do 7 de agosto inícianse os trámites para a execución das obras necesarias nos parques empresariais.

NOTA DE PRENSA.

Os nacionalistas afirman que o PP esta subido o carro do eleitoralismo

O BNG garante a execución do Parque Empresarial Xove-Cervo

O Plan sectorial de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia aprobado por acordo do Consello da Xunta de Galicia de 27 de maio de 2004 recollía diferentes actuacións no conxunto de Galiza entre as que se atopaba o Parque Empresarial Xove-Cervo. Ha que ter en conta que conforme a este Plano a Consellaría de Vivenda e Solo executou na Comarca da Mariña as seguintes actuacións: Barreiros (actuación desenvolta mediante Plan Parcial), Viveiro (actuación desenvolta mediante Plan Parcial), Foz (actuación desenvolta mediante Plan Parcial), Lourenzá (actuación desenvolta mediante Plan Parcial) e Mondoñedo.Isto é o goberno do nacionalismo permitiu desenvolver as actuacións para dotar A Mariña de solo industrial.

Mediante resolución do 1 de agosto, publicado do DOG do 7 de Agosto, faise pública a parte dispositiva do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 31 de xullo de 2008, polo que se declarara o inicio dos trámites para deixar sen efecto o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresarias na Comunidade Autónoma de Galicia aprobado por acordo do Consello da Xunta de Galicia de 27 de maio de 2004. A razón desta resolución non é outra que poder definir un novo plano de execución de parques empresariais, unha vez que o aprobado en 2004, estaba practicamente executado. Xa que logo a resolución de 1 de Agosto non é máis que unha decisión procedimental e neste sentido desde o BNG garantimos a execución do Parque Empresarial Xove-Cervo. Hai que ter en conta que o anel industrial arredor de Alcoa segue a ser unha demanda estratéxica da Comarca e neste sentido a vontade do Goberno Galego é proceder a súa execución.

Non nos din nada os Alcaldes de Xove e Cervo cando afirman que existen empresas que precisan de solo nesa zona, posto que é algo que coñecemos.É máis, os nacionalistas xa temos mantido varias reunións desde 2005 coas mesmas a fin de poñer en marcha ese solo. Agora ben, o que non é de recibo que os Alcaldes de Xove e Cervo pretendan confundir aos veciños da zona, ao afirmar que unha decisión simplemente procedimental, que non compromete a execución da obra, pon en risco o desenvolvemento dese solo industrial. Na mesma liña parécenos lamentábel que coñecendo os rexedores de Xove e Cervo esta decisión desde o 7 de Agosto, por ser pública, pretendan agora denuncia-la como se fora descoñecida.Non hai máis explicación que a que nos leva pensar que se pretende facer electoralismo con estas declaracións.

O Bloque Nacionalista Galego ten demostrado na súa acción de goberno o seu compromiso nidio coa potencionamento e a posta en valor das infraestruras industriais en Xove e Cervo. Concretamente dotando o Parque de Cervo de gas natural e desenvolvendo a terceira fase do Polígono de Lieiro. No caso de Xove dotando o polígono da Camba de adsl. Na mesma liña, comprometemos a execución Parque Empresarial Xove-Cervo.

Exit mobile version