Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela arremete contra o alcalde e pide máis policía

Nota de Prensa

O PP denuncia a falta de efectivos da policía municipal durante o fin de semana.

Afirman que ó alcalde quédalle mui grande o sillón.

Os populares aseguran que os vecinos están preocupados ante a falla de iniciativa do alcalde.

O GMPP denunciou hoxe, por enésima vez, a falla de efectivos suficientes durante as noites do fin de semana en Burela, en concreto o fin de semana último, da ponte da Constitución.

Os populares aseguran que só houbo un policía municipal nas noites do venres ó sábado e do sábado ó domingo, o que demostra a incompetencia dun alcalde ó que lle queda mui grande o sillón, e que que está provocando, día sí, e día tamén, preocupación entre os vecinos pola falla de iniciativa e de adopción de solucións. Os vecios e veciñas adminten a movida, pero queren seguridade, e este alcalde o que inspira é todo o contrario, inseguridade, porque di sí a todo, e non fai nada.

O GMPP lembra que propuxo solucións en varias ocasions, pero o alcalde non fixo nada; polo tanto, non volverán a proponer ningunha, pero denunciarán día sí e día tamén as situación de inseguridade que se orixinen pola desidia e ausencia de traballo do alcalde, vendido, neste e noutros temas,  non se sabe por que motivos.

Exit mobile version