Forzas de seguridade local e estatal colaborarán durante a celebración dos eventos festivos de Cervo
CERVO .- Efectivos das Forzas de Seguridade do Estado, Policía Local e do Servizo de Extinción de Incendios e Protección Civil de Cervo traballarán de xeito coordinado nos distintos operativ... Ler máis
NOTA DE PRENSA O GMS de Cervo demanda unha Policia Local eficaz e pide mais persoal e medios para os axentes Alfonso Villares e Balseiro Orol descuidan o servizo, que sofre un deterioro prog... Ler máis
BURELA (FNC) .- Burela estará presente desde o venres na 38 Semana Internacional da Horta e do Mar que se celebra en Los Alcázares (Murcia). O rexedor, Alfredo Llano, viaxará a esa vila o vi... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo convoca 3 prazas de auxiliares de Policía Local como reforzo para tempada de verán. O contrato realizarase pola modalidade de obra ou servizo determina... Ler máis
Nota de Prensa O PP denuncia a falta de efectivos da policía municipal durante o fin de semana. Afirman que ó alcalde quédalle mui grande o sillón. Os populares aseguran que os vecinos están... Ler máis
BURELA.- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anuncia que a vindeira semana darase a coñecer o nome da empresa que redactará o PXOM. O rexedor explica que “se foron cumprindo todos os p... Ler máis






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



