Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros analizará o escrito da Xunta para o desbloqueo urbanístico

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que recibiu un documento que “se me entregou a media mañá. É coma unha declaración de intencións que vou ler (porque hoxe por motivos persoais tiven que ausentarme do Concello) ver que di e pasarllo ós servizos xurídicos do Concello para que o analicen e asinarase sempre e cando vaia na liña de desbloquear esta situación que leva parada desde hai dous anos por parte da Xunta de Galicia”. O rexedor considera que “pode ser un bo anuncio iso de que se desbloquea, pero sería máis cauto e esperaría a firmar o documento en cuestión”.

Alfonso Fuente di entender “a urxencia que poden ter os promotores que teñen as súas construción paralizadas…voume poñer con isto durante a fin semana, non quero máis retardos e así comprometinme para telo analizado de cara ó vindeiro luns ou martes, sen mais”. O alcalde recoñece que “se leva tempo traballando nun documento para desbloquear esa situación de parálise que sufrimos no Concello. Este documento “pode ser bo porque é froito das conversas que houbo nos últimos meses e teño que lembrar que este alcalde nunca cambiou de opinión neste sentido… as paralizacións da Xunta sempre me pareceron desproporcionadas e penso que había que sentarse arredor dunha mesa e falar as cousas… chega despois de dous anos e polo tanto non podo dicir que benvido sexa o documento en cuestión, chega moi retardado, pero haberá que analizalo”.

Segundo o alcalde barreirense “comprométense a iniciar os traballos do Plan Xeral, a contratalo e marcan unha serie de períodos a cubrir. Nós xa estábamos traballando desde hai algún tempo na elaboración dese Plan Xeral. Nese documento hai compromisos para ambas partes, para a Xunta e para a Concello, pero temos que analizalo polo miúdo porque ninguén debería firmar ningún acordo ou convenio que vaia contra a lei”.

Ese documento, si é aceptado, debería ser asinado pola Consellería de Política Territorial, pola Deputación Provincial de Lugo e polo Concello de Barreiros.

Exit mobile version