Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG avoga polos intereses dos veciños no acordo para o desbloqueo urbanístico en Barreiros

Nota de Prensa

O BNG RECLAMA QUE SE TEÑAN EN CONTA OS INTERESES DOS VECIÑOS DE BARREIROS NO ACORDO PARA DESBLOQUEAR O CONFLICTO URBANÍSTICO DO CONCELLO.
Barreiros, 31 de xaneiro de 2009. O BNG de Barreiros non vai posicionarse polo de agora sobre o documento que lle foi remitido ao Concello o venres para tentar desbloquear a situación de parálise urbanística que sofre o concello. Os nacionalistas din que “non temos ese prototipo de convenio, non sabemos en que consiste pero facémonos moitas preguntas.  Sería bó que alguen nos contestara, porque estas mesmas preguntas seguro que as están facendo tamén moitos barreirenses: ¿por qué o que non lle valía en 2007 nin en 2008 á Consellería de Política Territorial lle vale agora, de repente?”.
O grupo municipal do BNG considera que “tamén lle habera que explicar aos veciños e a nós si este amaño significa que se vai executar o convenio para o suministro de agua, por exemplo. ¿En qué van sair beneficiados os barreirrenses? Porque aquí vexo que ninguen está a defender os intereses dos barreirenses, hai algunha persoa que está defendendo outros intereses que non son precisamente os dos barreirenses. Queremos saber si se vai exectuar o convenio da auga, si se van garantir os servizos (eléctrico, o saneamento, os viais). ¿Eso vaise garantir si se da carpetazo ao que antes para a propia Consellería de Política Territorial era unha aberración?.
Os nacionalistas sinalan que “aos barreirenses tamén lles intereasa saber si esto significa que a vivenda vai ter un prezo accesible e aos propietarios tamén lles interesa se moitos deles van cobrar o que tiñan comprometido, incluso algúns tiñan algunha permuta de finca por pisos ¿vaise cumprir eso? Ou aqueles aos que se lles dera un anticipo de cartos  e despois cando estivera feita e vendida a edificación o promotor  lles ía pagar o resto ¿vaise cumprir esto?. Eso é o que lles preocupa aos veciños de Barreiros”.
O BNG de Barreiros manifesta que “o que non lles preocupa aos veciños de Barreiros é si aquí hai que salvar os intereses dalgunhas empresas ou non. Aquí hai que defender os intereses públicos, polo tanto desde o BNG de Barreiros non entendemos moi ben si algún cargo político supramunicipal está metido nesta especie de amaño”.
O Bloque anuncia que “mentras non vexamos sobre o papel que é o que se propón desde cada unha das partes nos non nos vamos pronunciar. Mentras tanto queremos que se nos resposte a estas preguntas, para saber quen vai defender os intereses públicos dos veciños de Barreiros. Porque estamos seguros de que nesa mesa por parte de responsables locais, nin  provinciais, nin dos promotores para nada debatiron dos servizos que hai que dar aos veciños de Barreiros nin dos intereses públicos do municipio”.

Exit mobile version