Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Óptico de Xove de baloncesto perdeu en Ourense por dez puntos

XOVE .- O Club de Baloncesto Centro Óptico Xove volveu a perder como visitante esta vez contra Cruz Alta de Ourense por 68 a 58 puntos. Os ourensáns, que so levaban dúas vitorias en toda a liga, impuxeron un ritmo que os xovenses non puideron seguir facendo valer o seu poder dos homes altos e a falta de acerto no tiro dos de Xove.
Ao descanso o marcador xa reflexaba un 34 a 23 que sería insalvable para os mariñáns. Con esta derrota o C. B. Xove segue o seu mal balance como visitante no que so leva unha vitoria.
Polo Centro Óptico Xove xogaron: Pony (14), Fernando (20), Dani (5), Paco (2), Álvaro (4) – Javi (2), Ángel (9), Miguel (2) e Cuqui.

Exit mobile version