XOVE .- (MFO) O Centro Óptico Xove, con unha reducida plantilla de seis xogadores, gañou en Vilagarcía ante un rival directo por 50 puntos a 66. Para este encontro Armando Otero non puido co... Ler máis
XOVE .- (M.F.O) O C. B. Xove saldou con vitoria a visita do Universidade de Vigo por 85 puntos a 78. Rompeu así coa mala racha de tres derrotas consecutivas para manterse na décima posición... Ler máis
XOVE .- (M.F.) O Centro Óptico Xove de baloncesto perdeu en Allariz por dous puntos, 81 a 79, nun partido que tivo que afrontar con so sete xogadores polas las baixas de Pony, Paco e Migue... Ler máis
XOVE .- Un punto separou da vitoria ao Centro Óptico Xove no partido de baloncesto que disputou na casa, o sábado, ante o C.B. Tui, cuarto da táboa. Os de Tui xa eran claros favoritos antes... Ler máis
XOVE .- O Club de Baloncesto Centro Óptico Xove volveu a perder como visitante esta vez contra Cruz Alta de Ourense por 68 a 58 puntos. Os ourensáns, que so levaban dúas vitorias en toda a l... Ler máis
XOVE .- Oito puntos separaron da vitoria ao Xove de baloncesto no encontro disputado o sábado contra o Mos Noriberica, líder da liga FGB sénior masculina. Este foi o segundo partido que o... Ler máis
XOVE .- O C.B. Centro Óptico de Xove impúxose ao C.B.C. Pontevedra por 56 a 44 no encontro disputado en Xove a pasada fin de semana, logrou a cuarta victoria consecutiva e volveu a gañar na... Ler máis

















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



