A carreira, presentada hoxe na Casa da Cultura, formará parte por segundo ano consecutivo do circuíto de carreiras populares da Terra Chá e celebrarase nas xornadas previas ao inicio das festas de San Ramón e Santa María
Vilalba, 18 de xuño de 2026. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e a concelleira de Deportes, Paula Vigo, participaron hoxe na Casa da Cultura na presentación da VIII Nocturna San Ramón – Carreira Popular Vilalba, acompañadas por Luis Graña e Aitor Lozano, presidente e secretario do Clube Atletismo Vilalba.
A proba celebrarase o sábado 22 de agosto, nas xornadas previas ao inicio da programación das festas de San Ramón e Santa María, consolidándose un ano máis como unha das citas deportivas destacadas do verán no municipio.
Por segundo ano consecutivo, a carreira formará parte do circuíto de carreiras populares da Terra Chá, reforzando a súa presenza dentro do calendario deportivo comarcal.
A xornada contará con diferentes categorías adaptadas a todas as idades e niveis: pitufos, sub10, sub12, sub14, sub16, andaina e absoluta. As saídas comezarán ás 20:00 horas coa categoría pitufos e rematarán ás 21:15 horas coa carreira absoluta. As inscricións estarán abertas ata o 20 de agosto de 2026.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que “a Nocturna San Ramón xa forma parte da programación deportiva e tamén da antesala das nosas festas, converténdose nunha cita que cada ano reúne deporte, convivencia e participación”.
Rouco subliñou que “para nós é importante seguir consolidando eventos que atraian xente a Vilalba e que enchan as rúas de actividade tamén antes do inicio oficial das festas”.
Pola súa banda, a concelleira de Deportes, Paula Vigo, puxo en valor “o traballo constante do Clube Atletismo Vilalba para facer medrar esta carreira e convertela nunha proba recoñecida dentro do calendario deportivo da comarca”.
Vigo destacou ademais que “o formato da Nocturna permite que participen persoas de diferentes idades e condicións físicas, facendo do deporte unha actividade aberta e accesible”.
Desde o Concello animan á veciñanza e ás persoas afeccionadas ao atletismo a participar e desfrutar dunha cita que volverá combinar deporte e ambiente festivo nas rúas de Vilalba.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


