Ribadeo, 18 de setembro de 2026. Hostelería #PorElClima, iniciativa de ECODES xunto a Coca-Cola e co apoio de Hostelería de España, persegue achegar ferramentas e axudas para que bares, restaurantes e cafeterías de España reduzan a súa pegada de carbono ao mesmo tempo que aforran custos.
O próximo mércores, 30 de setembro, ás 11:00 horas, ECODES, Coca-Cola, o Concello de Ribadeo e a Asociación Comerciantes Industriais Servizos e Autónomos de Ribadeo (A.C.I.S.A.) presentarán a iniciativa Hostelería #PorElClima en Ribadeo, nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo.
Hostelería #PorElClima é un proxecto que nace tras o chamamento mundial do Acordo de París para actuar contra o cambio climático e mellorar a sustentabilidade no sector hostaleiro mediante a aplicación de accións que lles permitan ser espazos baixos en carbono, reducir a súa pegada ambiental e contribuír, deste xeito, a frear o cambio climático. Desde que se puxo en marcha hai máis de sete anos, máis de 21.550 establecementos adheríronse á iniciativa, desenvolvendo máis de 370.300 accións polo clima.
O acto contará coa presenza de Daniel Vega, alcalde do Concello de Ribadeo; María Troncoso, xefa de Comunicación, Asuntos Públicos e Sostenibilidade en Coca-Cola Europacific Partners Iberia Área Norte; Pablo Barrenechea, director de Clima e Mercado da Sostenibilidade en ECODES; Jesús Pérez, xerente da Asociación Comerciantes Industriais Servizos e Autónomos de Ribadeo (A.C.I.S.A.); e José Francisco Real, presidente de Hostelería e Turismo de Galicia e presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo Lugo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declara: “desde Acisa animamos especialmente a los establecimientos de hostelería y restauración de Ribadeo a participar en esta jornada, tanto para conocer las posibilidades que ofrece Hostelería #PorElClima como para acercarse a buenas prácticas y herramientas que puedan contribuir a hacer sus negocios más eficientes y sostenibles. Debido a las limitaciones de aforo, las personas interesadas deberán confirmar su asistencia antes del 25 de septiembre llamando al teléfono 607 402 530 o a través del correo electrónico adl@ribadeo.gal”.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



