O acto serviu ademais para informar aos propietarios sobre a aprobación das bases de reestruturación parcelaria e o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria
Castro de Rei, 19 de xuño de 2026. A directora xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe na entrega de boletíns das bases de reestruturación parcelaria de Viladonga, no concello de Castro de Rei, aos titulares dos terreos que abrangue, nun acto no que tamén estivo presente o alcalde da localidade, Francisco Balado.
Este é un trámite necesario para continuar con este proceso, de maneira que, ademais de facilitarlles a documentación cos datos sobre as parcelas, informouse aos veciños sobre os prazos e materias susceptibles de seren recorridas en alzada, de ser o caso, así como doutras cuestións de interese. Ademais, explicouse aos propietarios que se aprobaron as bases de reestruturación parcelaria e o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria (Popeva).
Na provincia de Lugo, esta é a segunda zona na que se aprobaron bases este ano, despois da de Riomol, en Castroverde. A parcelaria de Viladonga comprende un total de 824 parcelas, correspondentes a 143 propietarios, e abrangue unha superficie total que supera as 550 hectáreas.
















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



