Burela, 19 de xuño, 2026. O anuncio do Goberno galego de pechar 36 camas no Hospital Público da Mariña (Burela) durante os meses de xullo, agosto e setembro xerou unha fonda preocupación entre a poboación mariñá e tamén no persoal sanitario. Ante esta medida, cualificada como lesiva para a comarca e con impacto directo nas persoas doentes, o BNG presentou hoxe diante do hospital as iniciativas que levará ás diferentes institucións.
Aumento das derivacións ao HULA
O deputado mariñao no Parlamento de Galicia, Daniel Castro, avanzou a presentación dunha proposición non de lei e varias preguntas dirixidas á Xunta. O obxectivo é que o Goberno galego reconsidere o peche das 36 camas e explique os motivos da decisión.
Castro advertiu de que esta medida “non ten ningún sentido e só provocará un aumento das derivacións ao HULA, obrigando as familias a desprazarse innecesariamente a Lugo ao non haber camas libres en Burela”.
Moción na Deputación
Nunha liña similar, o deputado provincial Daniel García anunciou que o BNG levará unha moción ao próximo pleno da Deputación. Lembrou que non é a primeira vez que se aborda a situación da sanidade pública na Mariña, “pois o desmantelamento ao que está sendo sometida polo Partido Popular é evidente, especialmente desde a eliminación da Área Sanitaria da Mariña hai xa oito anos”.
“Na Mariña chove sobre mollado”
O responsable comarcal do BNG, Antonio Veiga, avanzou que nos vindeiros días presentarán mocións en todos os concellos da comarca para reclamar ao Partido Popular que rectifique esta “inxusta e insustificable decisión”.
Veiga lembrou tamén a recente mobilización do 4 de xuño polas listas de agarda, nas que numerosas persoas denunciaron esperas que superan amplamente o ano, chegando nalgúns casos aos dous e tres anos para consultas hospitalarias ou probas diagnósticas.
Segundo explicou, estes atrasos están a provocar diagnósticos tardíos, agravamentos de enfermidades e mesmo situacións nas que “a espera resultou fatal para a persoa”.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



