Reunirá 97 equipos de todas as categorías de base desde biberón ata xuvenil
Lugo, 16 de xuño de 2026. O Pazo de San Marcos acolleu este mediodía a presentación da XIII edición do torneo de fútbol sala base “Heroes do Orzán”, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros -José Antonio Villamor e Javier López-
O torneo, organizado pola Fundación Imdecum co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebrarase do 25 ao 29 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), unha sede compartida que estende pola comarca o seu impacto social e económico, ademais de reforzar a proxección do Burela FS como referente deportivo.
O torneo reunirá máis de 1100 xogadoras e xogadores de 97 equipos de todas as categorías de base, desde biberón ata xuvenil, que xogarán uns 200 partidos. Entre os participantes hai clubs de Galiza, pero tamén de Castela León, Madrid, Asturias, Cantabria e Portugal.
A presentación contou coa presenza de Isabel Lozano, nai do homenaxeado, Francisco José Vázquez Fernández, Inspector Xefe da Brigada Provincial da Policía Xudicial; José Luis Mourín González, Subinspector da Policía Nacional, Xefe de Gabinete Técnico; Roberto Saa Ramos, Inspector da Comisaría da Policia Nacional en Viveiro; Efrén Castro, vicepresidente da Deputación; Daniel García, deputado de Rural, Mar e Mocidade; Marcelino Luna, presidente da Fundación Imdecum; Alfonso Mera, coordinador do torneo; o tenente de alcaldesa de Burela Mario Pillado; o concelleiro viveirense Domingo González López; o xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia Manuel Otero Méndez; así como de Zaira Dapena, representante de Abanca, colaborador privado da proba.
No acto, Efrén Castro e Daniel García ratificou o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo á organización do torneo, “que mantén no ámbito público a memoria de Rodrigo Maseda Lozano e dos seus compañeiros a través dun medio tan poderoso e transversal como é o deporte”.
Isabel Lozano agradeceu “os moitos e importantes recoñecementos ao meu fillo, e o agarimo cara el a cara a familia, que nos axudan a levar a súa ausencia” e valorou que esta homenaxe se faga con xogadores e xogadoras da base, “enchendo os polideportivos da Mariña dos más grandes, aínda que sexan pequenos”
A organización xestiona nestes días o aloxamento dos equipos de fóra da comarca que se hospedarán fundamentalmente en hoteis de Viveiro, Cervo, Foz, Burela e Barreiros. Á demanda xerada polos participantes súmase a de familiares e acompañantes, que multiplicarán o impacto económico do evento na hostalería da comarca.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



