Cunha superficie de case 460 m² útiles, José González salienta que as novas instalacións dan servizo á veciñanza de Vilalba, pero tamén de Guitiriz, Cospeito ou Xermade, tras terse atendido en 2025 nesa oficina case 5.600 citas
Vilalba, 18 de xuño de 2026. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe a nova oficina de emprego de Vilalba, tras as obras de adecuación executadas en dous locais de titularidade autonómica por máis de 756.000 euros. Alí, enmarcou os traballos que benefician a veciñanza da capital da Terra Chá —pero tamén dos concellos de Guitiriz, Cospeito ou Xermade— no proceso de modernización das infraestruturas do Servizo Público de Emprego de Galicia, para o que se consignou este ano un orzamento de 8 M€ que irán dirixidos tamén aos centros formativos dependentes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Na visita —á que tamén asistiron o secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares—, o conselleiro puxo en valor as instalacións renovadas, cunha superficie de case 460 m² útiles e con media ducia de persoas traballadoras na parte do Servizo Público de Emprego de Galicia que atenderon o ano pasado case 5.600 citas. Dentro das melloras do Servizo na provincia de Lugo, engadiu que avanza a adecuación do local que acollerá a oficina de emprego e o Polo de emprendemento de Monforte de Lemos, así como a redacción do proxecto de acondicionamento da nova oficina de Sarria.
Compromiso coa empregabilidade
Ao abeiro do proceso de modernización en marcha, o titular de Emprego puxo de relevo tamén os 2 M€ consignados neste 2026 para seguir desenvolvendo a ferramenta de intelixencia artificial EMi, entre outras, a través da aplicación móbil que permitirá á cidadanía realizar os seus propios perfilados competenciais. Unha ferramenta que ten propiciado xa uns 106.200 perfilados en toda Galicia, potenciando as oportunidades laborais das persoas beneficiarias. Deles, máis de 13.500 fixéronse na provincia de Lugo.
No campo da formación, González puxo en valor o modelo máis flexible e máis conectado non só coas necesidades das empresas, senón tamén coa realidade económica de cada territorio, a través de instrumentos novidosos como as microcredenciais e das redeseñadas accións formativas para persoas desempregadas ou ocupadas. Tamén o esforzo por pechar o círculo da empregabilidade, priorizando os participantes nas accións formativas autonómicas no programa de incentivos á contratación Galicia Suma Talento: Emprégate, concibido en beneficio dos colectivos prioritarios de inserción.
No relativo á renovación das canles de atención á cidadanía, apuntou que este ano se instalarán en todas as oficinas caixeiros autoservizo para realizar trámites de renovación ou recuperación da demanda de emprego, avanzando cara a un servizo máis eficaz, centrado no asesoramento personalizado e na adaptación ás necesidades reais do mercado laboral.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



