Villares e Lamela analizaron os investimentos autonómicos no concello, entre os que destaca a obra de humanización da praza de Santa María, en Ferreira, á que o Goberno galego destina 191.400 euros
O Valadouro, 18 de xuño de 2026. O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, reuniuse hoxe co alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela, no marco do programa de visitas institucionais que está a realizar aos concellos lucenses.
Villares e Lamela abordaron os investimentos do Goberno galego no municipio, entre os que destaca a obra de humanización da praza de Santa María, en Ferreira, á que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destina 191.400 euros. Os traballos foron adxudicados no mes de febreiro cun prazo de execución de oito meses.
O delegado tamén resaltou as iniciativas financiadas con cargo ás liñas específicas de axudas a entidades locais que convoca anualmente a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Entre as actuacións apoiadas figura a renovación da cuberta do polideportivo municipal para optimizar a eficiencia enerxética do recinto, que contou cunha achega de 60.000 euros do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local (FCL) de 2025. Así mesmo, a través do Fondo de Compensación Ambiental destináronse 161.800 euros para mellorar a rede de alumeado público e o tratamento de residuos, entre outras medidas.
Villares reiterou a aposta da Xunta por cooperar cos concellos da provincia para impulsar accións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a fixar poboación no rural.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



