A formación nacionalista acusa ao alcalde de agocharse detrás dos técnicos: “Gobernar é algo máis que sacar fotos e dar palmadas, é asumir responsabilidades e estar á altura do cargo”.
Ribadeo, 18 de xuño, 2026.O BNG de Ribadeo cualificou de “lamentable espectáculo” a actitude do alcalde, Daniel Vega, no pleno extraordinario celebrado este martes sobre as obras do Hospital-Asilo. O portavoz municipal nacionalista, Martín Graña, acusou o rexedor do PP de intentar utilizar aos funcionarios municipais como “parapeto” para eludir as súas responsabilidades políticas nun caso que definiu como de desleixo absoluto, ocultación e nula capacidade de xestión.
Durante o debate, Graña presentou unha cronoloxía detallada baseada en decretos e informes municipais que, segundo afirmou, desmonta por completo o relato oficial do goberno local.
🔹 Abril de 2024: advertencias ignoradas
Cando a obra levaba case sete meses e só se executara un 4%, os técnicos municipais recomendaron por escrito a imposición de penalidades ou mesmo a rescisión do contrato. O alcalde, segundo o BNG, ignorou o informe, non o fixo público e declarou na prensa que os traballos “ían a bo ritmo”. En maio de 2024, os técnicos reiteraron por escrito a recomendación de rescindir o contrato, sen obter resposta.
🔹 A “mentira dos modificados”
Para xustificar os atrasos, Vega asegurou en medios que se estaban a realizar “modificacións no proxecto”. Porén, os técnicos confirmaron na comisión informativa que nunca existiu ningún modificado, extremo que o propio alcalde acabou recoñecendo en febreiro de 2025.
🔹 Pagos baixo sospeita
En febreiro de 2026, o BNG detectou nun decreto unha acta de comprobación de decembro de 2025 que certificaba e pagaba traballos que, segundo o grupo nacionalista, non estaban executados nin presentes na obra.
🔹 Bloqueo informativo
O BNG solicitou acceso ao expediente en tres ocasións (febreiro, marzo e abril de 2026), pero o goberno local negoullo sempre, malia comprometerse a convocar unha Xunta de Portavoces que nunca se celebrou.
🗣️ “Cal é o Daniel Vega que di a verdade?”
No pleno, Graña reprochoulle ao alcalde que se presente como vítima do proceso administrativo e esixiulle explicacións sobre cuestións que o PP deixou sen responder, como quen ordenou trasladar radiadores da obra á empresa concesionaria cando ese traballo non formaba parte do contrato.
O portavoz preguntouse:
“Por que non tomou a decisión valente e responsable de rescindir o contrato en abril de 2024 cando llo recomendaron os técnicos? Para que quere Ribadeo un alcalde que cando as cousas van ben se apunta as medallas e cando van mal minte na prensa, bota balóns fóra e escúdase nos funcionarios?”
Graña engadiu que o alcalde “se pon de perfil, non asume ningunha responsabilidade e mesmo se declara orgulloso da xestión da obra do Hospital-Asilo, nunha mostra máis de falta de respecto ás persoas afectadas e a toda a veciñanza”.
📑 O BNG acode ao Consello de Contas
Ante o “apagón informativo” do goberno do PP, o BNG presentou unha denuncia no Consello de Contas. Graña concluíu pedindo ao alcalde que actúe:
“Cumpra co seu deber, aclare canto diñeiro público foi mal empregado, recupere ata o último céntimo e remate dunha vez unhas obras fundamentais. Pense nos usuarios desprazados e nas familias que seguen agardando mentres o Asilo continúa empantanado pola súa nula capacidade de xestión”.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



