Cervo, 18 de xuño, 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, visitou o Centro de Día Residencia de San Cibrao coincidindo coa clausura dunha nova tempada do programa Arruguiñas, unha iniciativa de envellecemento activo que o Concello quixo achegar tamén ás persoas usuarias do centro para favorecer o seu benestar, a participación social e o mantemento das súas capacidades físicas e cognitivas.
Durante a xornada, a rexedora compartiu uns momentos cos participantes e fíxolles entrega dos diplomas acreditativos como recoñecemento á súa implicación e constancia ao longo destes meses, nos que participaron en diferentes actividades orientadas a promover un envellecemento activo e saudable.
Ao longo do curso, as persoas usuarias traballaron en sesións centradas na psicomotricidade fina, a estimulación cognitiva, a creatividade e as manualidades, desenvolvendo exercicios e actividades adaptadas ás súas necesidades e capacidades. Estas propostas contribuíron a reforzar habilidades como a coordinación, a memoria, a concentración e a destreza manual, ademais de fomentar a socialización e a convivencia.
García Caramés destacou a importancia de impulsar este tipo de iniciativas, que permiten mellorar a calidade de vida das persoas maiores e ofrecerlles espazos de participación activa, aprendizaxe e lecer.
A alcaldesa tamén quixo poñer en valor o excelente labor realizado polas monitoras do programa e por todo o persoal do centro, cuxa profesionalidade, dedicación e proximidade resultan fundamentais para o éxito dunha actividade moi ben acollida entre as persoas usuarias.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



