A iniciativa ofrecerá visitas á lonxa de Burela de luns a xoves dende o 6 de xullo ata o 27 de agosto
Burela, 18 de xuño de 2026. O Concello de Burela presenta unha nova edición da Ruta do Peixe, unha iniciativa turística que permitirá coñecer de preto o funcionamento da lonxa e o proceso de venta do peixe.
As visitas realizaranse os luns ás 18:00 horas e de martes a xoves ás 19:00 horas e terán unha duración aproximada dunha hora.
Os prezos son de 8 euros para persoas adultas, 6 euros para mocidade de entre 12 e 17 anos, e gratis para os menores de 12 anos. Debido á limitación de prazas, será necesaria a reserva previa, que poderá realizarse a través da páxina web rutadopeixe.burela.org.
Na presentación da iniciativa participaron o concelleiro de Turismo do Concello de Burela, Ramiro Fernández; o xerente de ABSA, Miguel Neira e o guía das visitas, Boris Vilar, responsable de Rutas Galicia Norte da empresa encargada de realizar a visita.
Segundo explicou Ramiro Fernández, nesta edición introdúcense cambios no formato da actividade coa incorporación dun guía profesional e cun percorrido máis amplo. O concelleiro sinalou que “a visita contará con máis explicacións sobre a actividade pesqueira e sobre o proceso de venda do peixe na lonxa”.
Fernández indicou tamén que a introdución dun prezo para participar responde á vontade de profesionalizar a actividade e mellorar a súa organización. Neste sentido, explicou que “en edicións anteriores, ao tratarse dunha proposta gratuíta, había ocasións nas que persoas inscritas non acudían ás visitas, o que impedía ocupar esas prazas con outras persoas interesadas”.
O concelleiro subliñou a boa acollida da actividade nos últimos anos e sinalou que “as rutas do peixe sempre tiveron unha ocupación do 100% en cada visita”, polo que agarda que a nova edición manteña o interese do público.
Finalmente, Fernández enmarcou esta iniciativa “dentro da aposta municipal por un turismo vinculado aos recursos propios do municipio, poñendo en valor a actividade da lonxa e os produtos pesqueiros de Burela”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


