Lugo, 19 de xuño, 2026. Ante as declaracións do Partido Popular sobre a nova ordenanza dos Centros de Atención a Maiores da institución provincial, a Deputación de Lugo desexa facer as seguintes aclaracións:
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recalca que “as subidas só afectan aos usuarios cun patrimonio elevado; o que ten unha pensión mínima paga arredor de 540 euros, exactamente como antes. Iso é xustiza social, non un ‘hachazo'” e definiu as declaracións do voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide como “deliberadamente falsas e socialmente irresponsables”.
“O señor Ameijide non se equivoca: minte. E minte de maneira consciente, porque ten os papeis na man. Está sementando alarma deliberada nas familias dos maiores da nosa provincia con titulares falsos que ningún dato sostén. Iso non é facer oposición. Iso é faltar ao respecto aos maiores que utiliza como argumento”, sinalou Rivera.
“O señor Ameijide afirma que esta ordenanza se aprobou hoxe ás agochadas en Xunta de Goberno. É mentira. Esta ordenanza aprobouse no Pleno do 31 de marzo deste ano, co señor Ameijide sentado na cámara e cos medios de comunicación cubrindo a sesión. O que se fixo hoxe é o que tiña que facerse legalmente despois da exposición pública: a aprobación definitiva. Ningún ocultismo. Procedemento administrativo regrado. Pero claro, é máis cómodo inventar conspiracións e mentir”.
Respondendo as declaracións que realiza o Partido Popular sobre un aumento do prezo de ata 800€, Rivera Capón recalca que “a subida só afecta de xeito significativo aos usuarios cun patrimonio elevado. Os datos están publicados: unha persoa cunha pensión non contributiva de 8.803 euros anuais paga 545,50 euros, e seguirá pagando exactamente o mesmo. Unha persoa coa pensión media de Lugo —arredor de 15.000 euros— paga 975 euros, e o seu importe apenas varía. Iso é o que non lles conta o señor Ameijide ás familias cando as chama por teléfono para alarmalas. Porque se llelo contara, o titular caeríalle nas mans”.
“O señor Ameijide non se atreve a facer unha comparación que sería demoledora para o seu partido: as tarifas das residencias da Xunta de Galicia son, nos tramos altos, superiores ás nosas. E ademais a Xunta non puxo nin un euro neste sistema provincial de residencias. Polo tanto, vén cuestionar unha tarifa progresista da Deputación, mentres a tarifa da Xunta nos mesmos tramos é maior, e mentres a súa Xunta non abriu nin unha sola residencia pública en Lugo en máis de vinte anos. Iso é demagoxia. E é mentira por omisión”.
Rivera interpelou directamente ao voceiro popular: “Pregúntolle, señor Ameijide, e que respondan os veciños: acepta vostede que unha persoa cun patrimonio moi elevado pague o mesmo prezo por unha praza pública que unha persoa que vive cunha pensión non contributiva? Acepta esa inxustiza? Porque iso é o que vostede está defendendo cando alza a voz contra esta ordenanza: que un rico e un pobre paguen exactamente o mesmo por un servizo público pagado por todos. A iso non lle chamaba antes o PP “café para todos”? Como cambian as cousas cando lle convén”.
O deputado lembrou que a tarifa que agora se modifica levaba oito anos sen ningunha revisión. “Oito anos. Mentres o custo da vida subía, mentres os salarios subían, mentres os custos das residencias se disparaban, esta institución mantiña conxeladas as súas tarifas para os tramos altos. A actualización era inevitable, é técnica, e é, sobre todo, profundamente progresista: garante o mínimo vital, protexe ás rendas baixas, e pídelle máis a quen máis ten”.
O deputado pechou cunha reflexión sobre o ton da nota popular. “Entendo o nerviosismo do señor Ameijide. Pero cando un non ten argumentos, recorre á alarma. Cando un non ten cifras, falsifícaas. E cando un non ten política para os maiores, fai cousas como estas. Eu seguirei dando explicacións aos veciños, con datos, sen agochar nada, e sen necesidade de mentir. Esta ordenanza é a máis progresista da rede pública galega. E ningún titular do PP vai poder con esa verdade”.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



